viernes, mayo 18, 2012

Día das Letras Galegas

Obxectivo:
Achegar a figura de Valentín Paz Andrade

Actividades.
- O alumnado de 1º ciclo de primaria presenta aos seus compañeiros a biografía e fitos máis destacados da figura do homenaxeado nas Letras 2012.
- O alumnado realiza actividades de achegamento a súa figura na pizarra dixital.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/LetrasGalegas34?authkey=Gv1sRgCIHrkrGe8rfldA


- Os máis pequenos/as en tanto os maiores realizan a xincana literaria, fan un xogo con palabras relacionadas con animais do mar. https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/DiaDasLetrasGalegas?authkey=Gv1sRgCNSrzrP59vWZ8wE

lunes, mayo 14, 2012

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Pescando palabras.....cociñando poemas. Xincana Lingüística.
Hoxe, no adro da igrexa de Verducido, o alumando de 6º de E.I. e 1º ciclo E.P.participaron nesta actividade.
Os participantes dividironse en grupos que tiñan que percorrer o simbólico "mar"no que se desenvolverá o xogo e que tanto ten que ver con Valentín Paz Andrade, o autor homenaxeado este ano.
Cada equipo leva textos incompletos do homenaxeado, que tiveron que rematar coas pistas que atoparon espalladas entre as ondas. No remate farase unha sopa de letras cos lugares e paises aparecidos no xogo e polos que pasou Paz Andrade.
Finalizaron cun recital cos poemas creados polos grupos, comparando o resultado final co real.

Obxectivos xerais:
- Protexer, divulgar e gozar do patrimonio literario e artístico.
- Revalorizar a  historia e cultura galega
- Fomentar o uso da lingua galega e o seu coñecemento.

Obxectivos específicos:
- Dar a coñecer e divulgar a vida e obra de valentín Paz Andrade.
- Poñer en valor a figura do homenaxeado nas Letras 2012.
- Difundir os pasos do escritor polo mundo.


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/PescandoPalabrasCocinandoPoemas?authkey=Gv1sRgCJaVmaXlx8WIRQ


A proposta consistiu na creación e execución dun xogo de pistas no que os participantes terán que ir "pescando"letras e palabras de textos e poemas de Valentín Paz Andrade.Deste modo adquiren de xeito explícito coñecementos básicos da biografía e obra do autor de xeito dinámico e divertido.

miércoles, mayo 02, 2012

OS AMIGOS CONTAN. MICHELLE LEVINSON

En Abril....contos mil. Tamén en inglés.


Actividade: Michelle Levinson, auxiliar de conversa nunha sección bilingüe, visita o noso colexio e nos conta o conto: “Three little pigs”, contesta ás preguntas dos nenos e nenas e accede as súas insistentes peticións de lerlles os contos de Spot que temos na biblioteca.
Fainos un xogo de dedos.

Obxectivo:
  • Motivar ao alumnado na súa aprendizaxe dunha lingua extranxeira, comprobando que é algo útil e divertido.





https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/OsAmigosContanMichelleLevinson?authkey=Gv1sRgCM7wx7uQ8aeZOQ