lunes, mayo 18, 2020

TAREFAS INFANTIL LUNS 18 DE MAIO

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é Luns 18 de MAIO


  • 9,8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata a Lúa
  • Contamos ata 18 a modo,no almanaque

HOXE A ENCARGADA É MARTINA                        

Xogamos coas súas letras


O MARTES A ENCARGADA É ANA LEONOR

Hoxe para comezar, temos unha adiviña que nos propón Yonatan.
Mandademe un audio o un video coa resposta se sodes quen de adiviñar. 

TANTARANTAN TARANTAN TARANTIÑA
O QUE SI PENSA SI TEN CABECIÑA 
TANTARANTAN TARANTAN TARANTOLA
O QUE NON PENSE NON TEN CABEZOLA 




Estamos na semana da froita, que rica é e que ben nos senta.
Facede un cadro coma este é poñede cada día que froita merendades e o venres , por favor, mandademe unha foto do cadro completo. sabedes por uqe hai un caracol paseando arredor???

Se falamos de alimentos....Xa estamos na cociña A cociña é un dos lugares máis interesantes da casa é un lugar onde se fai maxia e se transforman alimentos. Un Laboratori, é un Laboratorio. 
Ademais é un lugar da casa onde pasamos moito tempo, cociñando, comendo, falando....
Antiguamente era o lugar mási quentiño da casa porque era onde estaba o lume encendido todo o día, na lareira promeiro, na cociña de leña despois.
Na túa casa, pasades moito tempo  na cociña?
Ímola coñecer ben. Imos investigar as nosas cociñas, cada día un pouquiño máis
1.-  Que forma ten? cadrado, rectángulo ?
Debuxade a súa forma e gardadea porque este vai a ser o plano.
Un plano é un debuxo en pequeno do que en realidade é un espazo.
Non temos papel bastante para debuxar a cociña enteira, facemos un plano.
2.- Canto mide?
Imos medila con pasos, punta con pé, 1, 2,3....cantos pasos ten por cada lado? 

 Merendade ben e non vos esquezades de apuntalo. Ata maña!!!!

No hay comentarios: