jueves, enero 31, 2013

ENTROIDO


Estámonos preparando para o entroido: A toda máquina!
Seremos "fetiches", os robots dunha das nosas películas preferidas:
"Kiriku"


Reutilizando materiais e utilizando a nosa imaxinación.

miércoles, enero 30, 2013

Día da Paz.

Construímos máquinas para a Paz.
Adiamos a carreira solidaria "Kilómetros de Solidaridad" Save the Children.
Cando mellore o tempo.  


BIBLIOTECA. Salón do Libro: "A toda máquina"

Na Biblioteca estamos lendo.....


Máquinas” Chloé Poizat. Ed. Kalandraka. Col. Demademora.

Seis barbudos” Mar Pavón/ Vitali Konstantinnov. OQO editora

O calcetín amarelo”. Mª Dolores Rial Fernández/ Ramón Trigo. Ir indo

Non é unha caixa” Antoinette Portis. Faktoria K de Libros.

El gran libro de los regalos mágicos” Nathalie Choux / Mandana Sadat/ Rémi Saillard. SM.

lunes, enero 28, 2013

miércoles, enero 23, 2013

FACEMOS A MERENDA CON MAMÁ

A mamá de Juan e María veu ao cole a preprar a merenda.
Merendaremos mandarinas e batido de aguacate.
Estas froitas son da casa da avoa de Juan e María.







Probamos os ingredientes:




INGREDIENTES BATIDO DE AGUACATE:

IOGUR
MEL
AGUACATE




Tamén merendamos mandarinas..... 

Nais, Pais, Animadevos a vir preparar unha merenda con froita ao cole. Será moi divertido e gratificante para tod@s.

lunes, enero 21, 2013

BIBLIOTECA.Recomendamos. Os amigos contan.....

Á Hora de Ler, Cristina recoméndalles
aos seus compañeiros/as de Infantil que lean Pinocho.

Cristina díxolles que non é o conto que máis lle gusta pero que pensou que poden aprender moito con él.

miércoles, enero 16, 2013

BIBLIOTECA: Recomendamos. Os amigos/as contan...

"Non quero ser un polbo"Francesa Chessa.
                  OQO, editora.
 

 

Clara recomendalles este libro que seguro, pola atención que prestan  van querer volver ler.

miércoles, enero 09, 2013

BIBLIOTECA: Recomendamos. Os amigos/as contan....

Os nenos e nenas de Primaria len para os compañeiros/as de Infantil os contos da Biblioteca que máis lles gusta. Recomendanlles a continuación que os levan a casa para que llos lean os seus pais/nais.
Hoxe Noa nos recomenda "Loboferoz" despois dunha excelente lectura na que fixo participar sen pestanexar aos pequenos.

martes, enero 08, 2013

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS XANEIRO 2013

PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Comeza o Plan de Adaptación á escola para os nenos e nenas que comezan en Setembro.

Biblioteca os martes pola tarde de 5 a 6.

Se coñecedes algún neno/a que entre para o ano, avísadelle a súa familia desta oportunidade de facerlle máis doada a incorporación á escola.



Comezamos o traballo para participar no Salón do Libro:“A toda máquina”.


VENRES 11 : Reunión da titora de Educación Primaria cos pais e nais dos seus alumnos/as. Ás 4 da tarde.

MARTES 15: Reunión da titora de Educación Infantil cos pais e nais dos seus alumnos/as. Ás 4 da tarde.

MARTES 29: Consello Escolar.



MÉRCORES 30: Celebramos o “Día da Paz”.
Carreira Solidaria. "Kilómetros de Solidaridad", Save the Children.