lunes, mayo 18, 2020

TALLER DE CIENCIAS SOCIAIS


     

     Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Dos Museos. Vós xa 
sabedes que é un museo porque xa fixestes varias visitas e entre outras cousas vimos cadros de pinturas.


     Coñecedes moi ben a Van Gogh porque no taller de plástica traballamos a súa obra. Por iso déixovos  tres  vídeos onde podemos seguir apreciando a súa arte, especialmente no segundo e terceiro onde quedamos inmersos dentro das súas pinturas, como se formásemos parte delas.
OBRAS DE VAN GOGH INMERSION https://www.youtube.com/watch?v=1A7TiOJS54Y                              https://www.youtube.com/watch?v=BbgrHnbgoDU

  
Imos ver dous vídeos sobre o Museo do Prado, un dous grandes museos do mundo, onde a infanta Margarita, nos fai un percorrido pequeno sobre este museo e ensínanos o cadro de “As Meninas”.
Trátase dunha obra moi famosa, tanto, que ides ver como as persoas a modifican con personaxes actuais, como os Simpson, Star Wars, Princesas Disney... 




 Ata a profe Maica, fiso a súa propia versión:


   O alumnado de primaria , terá que facer unha investigación sobre os personaxes do cadro orixinal das Meninas que figuran cuns números, (os persoaxes que queirades) e todos, infantil e primaria, faredes a vosa propia versión dunha menina  e por iso déixovos unha silueta.
   Seguro que saen obras dignas dun Museo, que por suposto expoñeremos na nosa galería!!










No hay comentarios: