viernes, mayo 29, 2020

TAREFAS PRIMARIA VENRES, 29 MAIO

Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!!

         Chega a fin de semana!! Bennnnnnn!  E ademáis con estes días tan estupendos de calor, desfrutamos aínda moito máis. E falando de calor, que cousa tan refrescante é comer sandía. Ten moitas propiedades como veredes aquí, ata incluso é beneficiosa para a “Operación Bikini”. Que é iso da operación bikini? Investigadeo!!
  

     Deixovos tamén unha adiviña para que a aprendades e practiquedes.

      E por último, mirade que cousas tan bonitas se pode facer cortando unha sandía!



        Hoxe o encargado é.... cha,chánnnn... Don ALEX, que acompaña a súa data co seu doce sorriso, tendo como fondo dous globos do mundo, a xogo coa toalla. E moi interesante ter sempre o mundo ao noso carón, e Alex a falta dun, ten dous!!


Esta é a quenda para a semana seguinte:

LUNS 1
MARTES 2
MÉRCORES 3
XOVES 4
VENRES 5
XULIÁN
EVELYN
SANDRA
ALEXANDER
MATEO


Imos aló, meus valentes!!

LINGUA 1º e 2º
   Traballaremos unha historia espacial, vendo e escoitando, para traballar os días da semana en relación cos planetas. A que soa moi interesante?
   E volveremos a repasar a lectura dunha noticia dun xornal.




MATEMÁTICAS- RAZONAMENTO LÓXICO 1º E 2º

   Como é habitual, traballaremos as mate con pasatempos, que lembro que tamén poderemos facer durante a fin de semana, cando nos apeteza.





   


CIENCIAS SOCIAIS 1º E 2º
    Aproveitando que vimos en lingua os planetas, imos saber un pouquiño máis sobre iso. Así que primeiro veremos este vídeo:



E os que poidades, tendes aquí dous xogos divertidos para practicar:
Premede nos nomes seguintes para xogar:



Ademais, poño esta sinxela actividade:


BIBLIOTECA


   Lembrade, é venres e nos toca ir á biblioteca a recoller un libro.
   A ver como ides de memoria... a quen lle dedicamos este ano “O Día das Letras Galegas”?....
Sobre ese escritor, os Bolechas, fixeron un libro adaptado para nenos e nenas da súa novela “Scorpio”. É curto pero moi ameno, e púxenlle unha música moi chula, xa veredes como vos gusta!

Premede enriba do título para ver o libro:

Boa fin de semana!!


TAREFAS INFANTIL VENRES 29 DE MAIO

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é VENRES 29 de MAIO
  • 9,8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata Venus 
  • Contamos ata 28 a modo,no almanaque

HOXE O  ENCARGADO É  AARÓN
Xogamos coas súas letras Ola NORAA



 O LUNS O ENCARGADO É LUIS ÁNGEL




Hoxe imos ver un cachiño deste conto " La rebelión de las verduras" e vos tendes que inventar un conto.
Facede un debuxo. 
Tantarantan tarantan tarantiña 
o que si pensa si ten cabeciña 

Pregunta:
Por que as paredes da cociña son diferentes das do resto da casa ?
Hai outra peza da casa que tamén as ten así, por que?

Mandalas, escoitastes falar deles? 
Os  mandalas están deseñados para que nos liberemos das preocupacións porque favorecen a concentración no presente, razón pola cal son unha potente ferramenta de relaxación. 
Conexión profunda. Os  mandalas facilitan que nos conectemos co máis íntimo de nós, propiciando así o  autoconocimiento.


 Probade a facer estes e buscade na cociña máis cousas para facer os vosos. 

E para merendar....




Bo fin de Semana, Vémonos o luns!!!
 

EN FAMILIA

Bo día!!!!
Hoxe, En familia, vos propoñemos ver unha obra de música e teatro de Magin Blanco " Gatuxo" 

Un bebé sae dunha caixa e a través dela van surxindo xogos cos  que se descubre a sí mesmo:  seu primeiro soriso, os sons, os pes, arrancar a gatear... Diferentes espazos mostran o descubrimento do mundo na vida cotiá.
Por que?
Porque aos nenos e nenas encántalles que lles contemos cousas de cando eran bebés. Igual que lles encanta  cando empatizamos con eles por algo, contándolles o que nos pasara a nós de pequenos. 

Boa fin de semana!!!!     

GALERÍA DE IMAXES

      Mirade como pode cambiar a historia a partir dunha imaxe: Xulián e Mateo nos ensinan como o fixeron nuna tarefa de primaria. Empregando a mesma imaxe,  os seus diálogos son completamente diferentes. Viva a creatividade!!








Hugo, como facemos todos, non deixa pasar o seu tempo diario de lectura, concentrado e atento


Yonatan e Lara nos mostran o ciclo da bolboreta nas súas tarefas de Infantil


jueves, mayo 28, 2020

EN FAMILIA

Bo día familia!!!
A Música está a ser un elemento fundamental nestes tempos.
Propoñemos para hoxe un xogo en Familia coa música como protagonista

Neste "xogo" chamado "A MÚSICA EMOCIONA" propoñemos que compartades a emoción que vos comunica cada unha das músicasque escoitaremos a continuación
A escoita activa é importantísima para levar a cabo as audicións. 
Coincidiremos? 
Tratade de escoitar a música, pechando os ollos en silencio,relaxadamente, de xeito que sintades o que quere transmitir e sentindoas emocións que estas obras espertan no noso interior.



https://youtu.be/AnTwTazfLWE : "The way we were" Barbra Streisand
https://youtu.be/UrIiLvg58SY: "More than words". Extreme.
https://youtu.be/F7P5gkcYZP0: "El vuelo del moscardón". Rimski-Kórsakov.
https://youtu.be/XUzwdBQDzxw: Tercer movimiento "Claro de Luna". Beethoveen
https://youtu.be/6YaMNjNGCRQ: "Gymnopédie". nº1 Satie
https://youtu.be/HBKgYIh_DzM: "Far from over". Frank Stallone
https://youtu.be/p5RobDomh5U: "Can ́t stop the feeling". Justin Timberlake

Serías capaz de asociar estas emocións ás pezas que acabas de escoitar? 



 Resistiré     


Ata en Suecia 


GALERÍA DE IMAXES

A Lara e a Yonatan prestoulles moito traballar en English Time



 O día tan magnífico de onte, deixounos imaxes como esta de Saray na piscina.


Mateo estase a converter nun científico! Mirade o que experimenta:



























TALLER DE XOGO E MOVEMENTO



Bo día chicas e chicos!!!!  
Hoxe é xoves, estamos en Xogo e Movemento

Imos comezar respirando 3 veces coma sempre.
É moi importante que aprendamos a relaxármonos nós sós en calquera momento que o precisemos. 


Koeppen:Técnica de relajación infantil | López Baldomir Psicóloga ...


Imos aprender unha sorte nova. Xa sabemos que son moi útiles cando xogamos coas amigas e amigos para non ter que perder tempo con quen comeza ou quen panda...


Botón, botón
da bota boteira:

Untitled ¡Chirivitón, vaite con ela!


Hoxe imos facer ioga  xogando con un conto de bolboretas
O ioga é fantástico para a respiración axeitada,  a flexibilidade, control postural...
Disfrutade..... 




TAREFAS INFANTIL XOVES 28 DE MAIO

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é Xoves 28 de MAIO


  • 9,8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata Xupiter
  • Contamos ata 28 a modo,no almanaque

HOXE O  ENCARGADO É  AMARO 
Xogamos coas súas letras : Ola ORAMA


MAÑAN VENRES, O ENCARGADO É AARÓN  





 Hoxe vos propoño que volvades a ver o conto da eiruga moi larpeira.
Comentadeo e despois facede un debuxo do que máis vos gustou.
Poñede o título na parte de arriba e debuxade unha cariña para dicirnos se vos gustou, como facemos no cole.



Lembrades os vermes de seda , este ano non os puidemos ver, nin darlles de comer as follas da moreira.


Imos coller unha folla para debuxar o ciclo das bolboretas:
Doblamos en catro partes
Poñemos en cada parte o seu número, 1,2,3,4
No 1 debuxamos....OS OVOS enriba dunha folliña
No 2 deduxamos AS EIRUGAS
No 3 debuxamos AS PUPAS OU CRISÁLIDAS
No 4 debuxamos a BOLBORETA, que nunca para quieta

Imos debuxar moitas bolboretas diferentes....



https://www.google.com/search?q=mariposas&client=firefox-b-d&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=2ahUKEwjKnbX5htbpAhWMGBQKHTZwDRQQ_AUoAXoECBgQAw&biw=1366&bih=654#imgrc=N26ore7pH9dv_M



Mariposas Monarca
Ollade que interesante 


Para pintar as nosas bolboretas mirade que boas receitas para facermos nós mesmos as nosas pinturas con froitas e vexetais.
Probade a facer algunha, a de remolacha é moi chula!!! 


 


Ata maña!!!!!

TAREFAS PRIMARIA XOVES 28 MAIO

Bos días miñas donas e meus cabaleiros!!

     A froita protagonista de hoxe será a laranxa. España e o país onde máis laranxas se producen e o que máis laranxas vende ao resto do mundo, concretamente na Comunidade VAlenciana. E como sempre , poño un mapa para que vexamos onde estamos nós e onde está Valencia.

    Pero sabiades que as primeiras laranxas que apareceron foi en China? Iso e outras curiosidades as conta este vídeo. Non vos digo máis porque senón dicides que fago “spoiler”...Jajajajaja 



E para seguir con enerxía, a canción da laranxa: 



E para rirnos, uns chistes. A ver se os aprendedes para contalos !!



       Hoxe a encargada é....cha,cháannnn..... JULIA , que nos trae a súa data en este día tan caloroso debuxando chanclas, pelotas de praia e un donut por se a fame nos acompaña, dentro dun enorme flotador nunha piscina. A que dan ganas de meterse dentro?....Ahh.... lembrouse da toalla e da súa bonita diadema para o pelo, como nos ten acostumados!!

Mañá o encargado será Alex.
Imos aló, meus valentes!!

LENGUA 1º Y 2º
   Haremos una lectura y responderemos unas preguntas. Sólo si tenemos problemas al responder, escuchamos el audio que os envío al grupo de wasaap.
                            
                               



A continuación inventamos una historia sobre las imágenes y ponemos el diálogo en los bocadillos.


MATEMÁTICAS 1º

  Repasaremos problemas y una actividad muy facilita de los días de la semana, mes, año....



MATEMÁTICAS 2º
   Repasaremos problemas.


TALLER DE PLÁSTICA


                “MONSTRO COME BOLAS”

    Hoxe faremos un xoguete para practicar en familia o cos nosos amigos. Xa veredes que sinxelo e que divertido vai ser.



    Só necesitamos:
                               -unha botella baleira de auga
                               -a axuda dun adulto
                               -uns ollos que poden pintarse nun papel
                               -cola de pegar
                               -unha cartolina de cores dobrada para a boca ou  un papel dobrado ou plastilina.
        Ca axuda dun adulto, cortamos a botella de auga, que será a boca do noso “Come bolas”. Poñemos os ollos e dobramos un papel para colocar no burato da boca, para non facernos dano na boca cortada, e pegamos esa cartolina ou papel. Se temos plastilina, é aínda máis fácil cubrir a boca.  Se nos apetece, podemos pegarlle uns brazos. As bolas poden ser as que teñamos pola casa ou ben, como se ve na foto, facelas enrolando papel de aluminio.
                E... xa estamos preparados para xogar intentando a ver quen mete máis bolas na boca do monstro!!  Se temos varias botellas, podemos xogar cada  persoa metendo as bolas na súa botella co noso nome , e ao final contamos o resultado de cada un.


                Tamén o monstro serve como lugar de almacenaxe, para colocar xoguetes pequenos, pinturas, tesoiras, cola de pegar....




  Espero as vosas obras de arte!!

miércoles, mayo 27, 2020

TAREFAS INFANTIL MÉRCORES 27 DE MAIO

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é MÉRCORES 27  de MAIO


  • 9,8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata Marte
  • Contamos ata 27 a modo,no almanaque

HOXE O ENCARGADO É MANUEL
Xogamos coas súas letras: Ola LEUNAM
MAÑAN O ENCARGADO É: AMARO




Lembrades a faba de que plantamos hai...Moito
Pois a faba de Lara  xa ten froito 


Imos ir agora xogar coa eiruga larpeira:xogos matemáticos.



 
 Mirade que xogo ritmico máis divertido cos "Opostos" Podedes invertar os vosos.

 
Ata maña!!!