martes, mayo 05, 2020

TAREFAS INFANTIL MARTES 5-04-20

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é MARTES 5 DE MAIO


  • 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata MARTE
  • Contamos ata 5 no almanaque, debuxamos os números 1,2,3,4 e 5 na bandexa

Hoxe o encargado é  MANUEL 
MARTES, MAIO, MARTE, MANUEL que coincidencia hoxe tamén, cantas palabras que comezan como MANUEL, xogamos coas palabras a ver que fai hoxe MANUEL. 

Maña, o encargado é AMARO

    imos aprender algo sobre Marte


Practicamos 1º 2º 3º 4º último….
Quen se levanta de 1º
Quen é o 1º en rematar a comida, 2º….etc.
Quen se deita 1º
Buscamos momentos da vida cotiá na que aplicar os ordinais.

 HOXE IMOS Á BIBLIOTECA


A que sabe a lúa ?

E a ti a que che sabe a lúa?
Podedes recordar en orde os animais que foron chegando?
Vistes que igual que no conto do coelliño foi o pequeño ratiño o que o conseguiu….os pequenos molan moito!!!

Hoxe:
1.- Imos debuxar os personaxes do conto e os imos recortar
2.- Imos facer unha montaña debuxandoa nun  cartón 
3.- Imos facer unha lúa ben grande pegando papel de plata
agora meus e miñas, sentade caladiños que o conto vai comezar
Contamos o conto para toda a familia

Ata maña!!!

No hay comentarios: