Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!!
Chega a finde, tempo de
lecer e desfrutar, eso si, cunha alimentación saudable, como é a de comer
froita.
Sabedes que cando imos
á compra, vemos que venden plátanos e bananas, e ambos teñen unha aspecto moi
semellante. Aquí vos explico un xeito para distinguilos:
E mirade se os plátanos
son bos, que ata como soporte para o
teléfono!!
Hoxe a encargada
é....cha....cháaannnnnnn.... SARAY, que nos trae o seu
sorriso enmarcando nunha data moi chula, con letras de cores, recortadas e pegadas. Moi bo
traballo Saray! E a falta da nosa Purpurina, está acompañada polo seu
osiño.....Ahhh.... e sen esquecer a toalla!!
Imos aló, meus valentes!!
LINGUA 1º
Faremos unha lectura sobre as profesións, constestaredes a unhas preguntas e despois este encrucillado.
LINGUA 2º
Leremos un conto clásico, constestaredes a unhas preguntas e despois este encrucillado.
MATEMÁTICAS E PENSAMENTO LÓXICO 1º y 2º
Como todos os venres, faremos matemáticas diferentes con pasatempos
variados, que xa sei que vos encantan, coa avantaxe de poder desfrutalos en
calquera momento da fin de semana.
CIENCIAS DA NATUREZA 1º E 2º
Imos facer un repaso polas plantas, moi
fácil, seguro que o lembrades perfectamente, pero por se acaso o noso amigo o
Camaleón vainos axudar a recordalo mellor:
E agora facemos estas actividades:
BIBLIOTECA
Seguindo coas nosas rutinas, é venres e
toca biblioteca e levar un libro. O de hoxe é un pouco especial.
Lembrades que este ano o día das Letras
Galegas, está dedicado a CARBALHO CALERO?
Pois para que o coñezamos un pouco mellor, déixovos este vídeo, que
ademais de informarnos, tamén nos permite xogar buscando os códigos dunha
contrasinal. Xa veredes que interesante, unha chulada!!
Se alguén ten problemas
para ver o vídeo, podo pasalo por wasaap.
Boa finde!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario