Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!!
Comezamos unha semana máis desfrutando da froita, tan refrescante nestes
días que xa vai moita calor, especialmente algunhas variedades como por exemplo
a piña. Sabiades que se chama así polo seu parecido coas piñas dos pinos, e que
podemos plantar unha cravando a parte superior na terra? Sería moi interesante
facelo. Déixovos aquí un vídeo onde nos explica os pasos a seguir: https://www.youtube.com/watch?v=AZ4TN6LAWXw
Mirade as propiedades da piña, procedente do Sur de América, e como
sempre ensínovos no mapa, onde está América e onde estamos nós:
Hoxe
a encargada é.... cha....cháaaannnn... SOFÍA, ca súa doce
mirada de sempre e ca súa data dentro dunha paisaxe moi chula, onde vemos unha
casa e unha árbore. E como case todas as casas de campo teñen un can, Sofía non
quixo ser menos e así acompáñanos hoxe o seu... Que cuqui! .... Ahhh, e con
toalla!
Esta
é a quenda de encargados para a semana:
LUNS 25
|
MARTES 26
|
MÉRCORES 27
|
XOVES 28
|
VENRES 29
|
SOFÍA
|
SARELA
|
XAVI
|
JULIA
|
ALEX
|
Imos aló, meus valentes !!
LINGUA 1º
Faremos unha lectura, responderemos unhas preguntas e reparasaremos “un,unha,uns,unhas”.
LINGUA 2º
Faremos unha lectura, responderemos unhas preguntas e repasaremos os
grupos “tr,dr”,e os pronomes.
MATEMÁTICAS 1º
Repasamos un poco de todo: unidades, decenas, series, sumas y restas.
MATEMÁTICAS 2º
Repasamos problemas.
VALORES SOCIAIS
Imos
ver un corto sobre a amizade, que se titula en inglés “Cargando pilas”. Non ten
voz pero non lle fai falta porque a historia fala a través dunhas preciosas
imaxes. Ao comezo, a avoa recibe un paquete que ven cunha nota escrita en
inglés do seu fillo : “Querida Mamá, non puiden volver este ano e envíoche algo para ti” .
Agora
veremos o vídeo e responderedes as seguintes preguntas:
1.
Que había dentro do paquete?
2.
Que tarefas facía o robot cada
día?
3.
Pensas que a avoa e o robot se
levaban ben? Por que cho parece?
4.
Que pasou cando o robot se quedou
apagado?
5.
Que lle recordou o robot a avoa?
6.
Que fixo o robot cando a avoa se
quedou durmida?
7.
Cando a avoa marchou, cres que o
robot quedou contento ou triste? Por que?
8.
Como termina a historia?
9.
Cres que pode haber amizade entre
seres tan diferentes?
10.
Que che parece que o fillo en
lugar de estar coa súa nai, lle regalara un robot? Ti farías algo así? Seguro
que non… entón , que deberíamos facer en lugar de regalar cousas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario