miércoles, mayo 20, 2020

TAREFAS INFANTIL MÉRCORES 20 DE MAIO

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é MÉRCORES 20 de MAIO


  • 9,8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata MARTE
  • Contamos ata 20 a modo,no almanaque

HOXE O ENCARGADO É MATEO 



MAÑAN O ENCARGADO É MARTÍN

para non volver ter despistes, envio a lista da clase, estaría ben que fixerades a vosa lista na casa:





Onte pola rúa atopeime co noso amigo ORBI, con mascarilla e mantendo a distancia de seguridade como ten que ser a partires de agora. Pola nosa saúde e pola saúde de todos os demais. 
Mandoume unha chea de bicos e apertas virtuais para vós


Sabemos que:
ORBIL 
LIBRO
iso é ORBIL E LIBRO ao revés.
Propuxome  que todos cambiaradeso voso nome e o puxerades ao revés, cambiade os dos compañeir@s lede eses nomes con papi ou mami e veredes que parecemos un grupo de extraterrestres con eses nome.
Comezo eu: RAQUEL
                    LEUQAR 

Escribide o voso novo nome e facede un debuxo a ver como sodes con ese nome.
Enviade os deduxos e os nomes, será divertido. Mañan faremos a lista dos nomes ao revés.
Que nomes se len igual do dereito que do revés




Estamos na semana da froita, que rica é e que ben nos senta, onte na Biblioteca vimos un libro xenial: "Vexetal como te sintes?"
E vós, como vos sentides?




 Hoxe imoslle pedir aos adultos que nos deixen traballar un pouco, con coidado,
con froitas e verduras que haxa pola casa para expresar con eles, diferentes emocións.












Non vos esquezades de preguntar o nome de todos os alimentos cos que traballedes.
Aprendede os que non sabedes e por favor, probadeos.


Ata maña!!!!!


No hay comentarios: