jueves, octubre 27, 2011

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Para celebrar este día temos con nós a Anxo Moure.




Anxo conta contos cheos de amor e compromiso coa natureza e a paz. Contos solidarios que nos ensinan que todos e todas podemos facer algo por un futuro mellor, que nos enchen de esperanza e enerxía. 

Anxo conta contos que son alimento da imaxinación, historias de árbores atrapadoras de contos solidarios.

Nós, agasallamos a “Carballo con botas”con landras do noso carballo que él plantará co seu tirabeloteiro plantabosques, nos bosques que hai nada arderon terriblemente.

Carta de agradecemento

Os nenos e nenas de Primaria escribiron unha carta a Meles Outeda
 para agradecerlles a súa amabilidade na nosa visita

sábado, octubre 22, 2011

FAISE CAMIÑO. O MORRAZO

Data: Sábado 22 de Outubro de 2011           Participantes: Comunidade Educativa do colexio: familias, alumnos/as, mestres/as.
Actividade: Xornada de convivencia da comunidade educativa visitando a zona do Morrazo.
Programa do Concello de Pontevedra . Visita guiada por “Ventos estudos ambientais ”
Colabora AMPA do colexio e ENL do colexio, programa;”Xuntos”

Obxectivos:  
        Proporcionar á comunidade educativa a oportunidade dunha xornada de convivencia na que nos coñezamos mellor.
  • Compartir unha xornada de lecer na que combinamos exercicio co coñecemento e desfrute do noso patrimonio natural e cultural en visita preparada por expertos nestes tema.
  • Gozar realizando actividades de grupo en contacto coa natureza. Valorar a súa importancia para a saúde e o benestar, apreciar o medio natural como un espazo para a recreación, a aventura e conservación, a realización de actividades ao aire libre e o contacto con elementos da natureza.





PROGRAMA
Visita ao Museo Massó (Bueu).

Roteiro a pé por Cabo Udra. Inclúe visita á Aula de naturaza de Cabo Udra.

Comida e descanso.

Roteiro pola Senda Costeira de Cangas.



viernes, octubre 14, 2011

CONCERTO DIDÁCTICO

  A Banda de Barro fixo un concerto didáctico para inaugura-lo curso escolar.

 Foron presentando os instrumentos que iban tocar cada peza e a que familia de instrumentos pertencen.
Ao final, permitiron ao alumnado tocar os instrumentos.



Participantes: Asistiron a este concerto todo o alumnado do colexio e tamén alguns familiares.



Organiza: Banda de Música de Barro

Obxectivos:
  • Proporcionarlles a oportunidade de aistir á audición de obras musicais tocadas en directo, neste caso foi música de debuxos animados.
  • Coñecer os instrumentos e a que familia pertencen.
  • Probar a toca-los instrumentos.
  • Potenciar o seu gusto pola musica.



Competencia cultural e artística.

jueves, octubre 13, 2011

PRIMEIRA SAÍDA

Este sistema de acompañamento afondará as actitudes de diálogo, respecto, axuda, comprensión, afecto...que percibimos que o feito de facer actividades conxuntas desenvolve.




Pensamos que é un paso máis no noso proxecto educativo: Coñecémonos e entendémonos mellor, todos e todas somos modelos, todos e todas aprendemos e ensinamos, todos e todas somos capaces. Potenciamos e afondamos na identidade global da nosa escola.

PRIMEIRA SAÍDA





Este curso experimentaremos un sistema de acompañamento nas actividades, de maneira que un maior acompañe a un pequeño. Coidamos que esto pode contribuir:

A) A mellora-la convivencia e o clima escolar

B) Ao desenvolvemento da identidade e a autoestima.

Este curso hai un grupo numeroso de alumnado de 3 anos. Coidamos que esta pode ser unha maneira moi rápida de integralos na dinámica das actividades conxuntas da escola e para os maiores supón unha maneira de sentirse modelos, de maneira que os obligue en certa forma a intentar seguir un comportamento axeitado pois os pequenos están aprendendo deles.




Visitamos a envasadora de mel " Mieles Outeda"




Obxectivos:


Coñecer de onde proveñen os alimentos.

Coñecer os alimentos de orixe animal: o mel, propiedades e importancia deste alimento na alimentación.

Identificar o mel coma un produto natural producido polas abellas.

Secuenciar ordenadamente o proceso de extracción e envasado do mel

Verificar a interdependencia do ser humano coas abellas

Reflexionar sobre os beneficios do traballo en equipo e a colaboración.



Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

PRIMEIRA SAÍDA

Os máis pequenos síntense seguros indo da man dos seus compañeiros/as maiores.


PRIMEIRA SAÍDA

Os maiores son modelos de comportamento para os seus compañeiros /as máis pequenos/as. Isto é toda unha responsabilidade.


martes, octubre 11, 2011

COMEZAMOS O CURSO 2011-2012

Un mes despois de comeza-las clases, seguimos sen mestre/a de Inglés nin Relixión.
Hoxe ás 9 da mañan, os pais e nais do noso alumnado concentráronse diante do colexio para manifestar a súa indignación por tal situación.
Nesta escola, toda a Comunidade Educativa traballamos por un ensino público de calidade.