jueves, abril 23, 2020

XOGO E MOVEMENTO

Bos días !!!

Hoxe temos grupos, Estamos en Xogo e Movemento

- Comezamos cun exercicio de relaxación, respirando
Todos sabedes como: Inspiramos polo nariz e medramos, Expiramos pola boca e encollemos. Tres veces moi ben, que relax!

  •   Recordamos unha sorte para saber quen comeza.
RABO DE BESTA
DIXO MEU PAI
QUE ESTABA NESTA 
 

Como hoxe é o Día do Libro imos traballar con coidado con  eles:

1.- Equilibrio literario



2.- Equilibrio literario en movemento
Poñemos 1 libro na cabeza e temos que andar polo corredor da casa sen que caiga.
Ida e volta

Lembrade que hai que concentrarse para que o corpo faga o que a cabeza manda .
Antes de actuar hai que pensar.


No hay comentarios: