Bos
días !!!
Hoxe
temos grupos, Estamos en Xogo e Movemento
- Comezamos cun exercicio de
relaxación, respirando
Todos sabedes como: Inspiramos
polo nariz e medramos, Expiramos pola boca e encollemos. Tres veces
moi ben, que relax!
- Aprendemos unha sorte para saber
quen comeza.
MEU PAI TEN UN CAIXÓN
DIME NEN@ CANTAS SON
SEN PENSALO ( Ten que dicir un
número do 1 ao 10, rápido, sen pensalo!)
Esta sorte pode servir na casa
para dirimir, arranxar moitos conflictos.
Exercicios: eles saben
-
Cuna: Boca abaixo, ir levantando os brazos ata que se levanten os
pés.
- Andar como soldados cara atrás.
- Circuíto. Percorrer o círcuito programado seguindo as normas preestablecidas:
Si, é posible facer un sinxelo
círcuito na casa, ideas:
Cada
un que o adapte as posibilidades que ten!
Saltando
cos pes xuntos, á pata coxa, ir na punta dos pés, nos talóns,
andar cara atrás...
Traballamos:
Equilibrio en movemento.
Coordinación dinámico xeral e a
atención.
Traballo en equipo.
Traballo cooperativo.
Respetar as quendas
Diferentes tipos de desprazamento.
Ton muscular.
- Volta a calma , exercicio de
relaxación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario