lunes, abril 27, 2020

TAREFAS INFANTIL LUNS 27 de ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é LUNS 27 de ABRIL

Como estades despois do paseo de onte? Xa...non foi coma sempre...
Non é fácil porque só podemos saír cun adulto co que convivamos. Non podemos xogar cos amig@s, temos que manter as distancia coas persoas coas que nos atopamos pola rúa.
Según a xente coa que nos atopamos, temos que poñer mascarilla e ao chegar á casa hai que lavar, lavar, lavar moi ben as mans. 
Estou segura que o fixestes moi ben e que o paseo vos prestou.
  • 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata a LÚA
  • Contamos a modo ata 27, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.
 HOXE O ENCARGADO É MATEO


  • Xogamos coas súas letras, xa vistes que hai un montón de xogos para facer coas letras dos seus nomes.
    O máis importante e traballar cos sons antes que coa grafía.
     Este é un traballo importante de preparación para a lectura e escritura.

    MATEO xoga
    con TEO
O MARTES , o encargado é HUGO


Abezoo

No punto 14:59 do Abezoo temos a letra V
Victoria!!! Facemos cos dedos o V cando ganamos a ver, como facedes ?
Que animal comeza por V , pensade, pensade antes de mirar e seguro que o ides a acertar, moi lonxe non hai que mirar.
Coa corda, cordel ou lá, facemos no chan o V ben grande, andamos por riba cos pés descalzos tocando punta con talón, mantendo o equilibrio. Escribimos cos pés o V
Despois collemos o noso tupper para grafismos, e esta vez ímoslle poñer café, que ben podemos deixar secar o café moído que acabamos de tomar para reutilizalo para facer grafomotricidade.
Facemos o V ben grande, baixamos recto e volvemos subir, repetimos cada vez máis rápido. Imos repetindo, abaixo e arriba….
Despois debuxámolas seguidas, comezamos arriba e despois en outra comezamos ao revés, de abaixo para arriba. Practicando este grafismo imos aprendendo a facer M,N,Ñ,V,WW….
Sempre xogando e disfrutando, estamos aprendendo…...












Escoitade, cantade e bailade esta canción.
Lembrade que cantar é un exercicio importante para aprender a vocalizar ben, ampliar vocabulario.
A música, o ritmo o baile estimula o desenrolo cerebral.
Despois de escoitala, aseguradevos de que saben o que conta a canción e o significado das palabras.

La vaquita de Martín


Ata maña!!!!










No hay comentarios: