martes, abril 14, 2020

TAREFAS INFANTIL MARTES 14-04-20

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!   BENVIDOS Á ESCOLA DENDE A CASA
TEN QUE SER ASÍ POLO BEN DE TOD@S
ESTADES SENDO MOI VALENTES, ÁNIMO!!!!!!!

Hoxe é MARTES 14 de ABRIL

  • 6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata MARTE 
  • Contamos a modo ata 14, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.
  • Como vai a faba?




    Hai uns días a Faba de Lara estaba así, seguro que xa está máis grande. 



    Hoxe a encargada é a profe RAQUEL




  • Xogamos coas letras de RAQUEL
    Lembrade que o máis importante e xogar co son das letras, ir recoñecendoas, buscando outras palabras que comecen igual...
MAÑAN O ENCARGADO É LUIS ÁNGEL

Hoxe é Martes e temos BIBLIOTECA
Lembrade que temos que ler todos os días, a todas horas....
Os libros teñen que estar sempre ao seu alcance.
Se nós lemos eles lerán.
Sempre é mellor lerlles, contarlles ou inventar un conto que ver un audiovisual dun conto.
Lembrade que a estas idades é convinte que estean diante de pantallas O MENOS POSIBLE
É por isto que vos propoño que escoitedes este pequeno conto.

Pandemia de contos. Público infantil. David Pernas- Trinke trinke. O galo que non sabía cantar.

https://www.youtube.com/watch?v=XvogLUADxzs

- Sempre ao rematar un conto o comentamos con eles. Que lle pasaría ao galo? Por que non sabería cantar?  Por que se enfadaban tanto con él? Por que lle acordou cando todos o felicitaban? Como se sentiría o galo ?
- Intentamos contalo con eles, recordando en orde que animais van saíndo e facendo como facía o galo. Intentadeo, gravadeo e mandade o voso conto !!!
- Debuxar o conto ( como poidan, como sepan, como queiran...abride os ollos e os oidos para saber o que fan)
- Debuxar os personaxes e recortalos. Pegámolos nunha palliña e representamos o conto.

Volvemos a escoitar esta canción que nos gusta moito 
 O galo canta
 https://www.youtube.com/watch?v=GmTr3oMQd7w


- Debuxamos ovos de Pascua, grandes e pequenos, que os decoren como queiran, que recorten revistas e que peguen os papeis nos ovos. Deixade que os fagan como queiran, como podan. Pouco a pouco o seu trazo, así, irá mellorando e tamén a súa autoestima, a súa capacidade de ir vendo como poden ir aprendendo pouquiño a pouco a facer as cousas por eles mesmos.

UNHA GRANDE APERTA!!!!!!






No hay comentarios: