jueves, abril 30, 2020

TAREFAS INFANTIL XOVES 30 de ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é XOVES 30 DE ABRIL 

Maña, é o Día 1º de Maio
Celebramos o Día do Traballo e o Día dos Maios. 
O Domingo celebramos o Día da Nai.
Fin de semana largo e moi ocupado.
Os papás van ter que botar unha man no Taller de Plástica para gardar ben o segredo.

  • 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata XUPITER
  • Contamos a modo ata 30, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.



    HOXE o encargado é NEBRÁS
  • Xogamos coas súas letras.
  • Convén comezar este xogo sen que eles vexan o nome escrito.
    Cantas sílabas ten
    Cantas letras ten? Escoitamos ben.
    Imos collendo as letras (grafías) do montón de letras
    Facemos as súas letras na caixa de grafismos ( con café, fariña, pan relado )

O LUNS  , a encargada é  LEILA 

HOXE TALLER DE SOPRO:

Boliñas de papel, algodón, plastilina, garabanzos, lentellas....
Caixa de cartón e palliñas, sopramos as boliñas sen que saían da caixa.
Imos probando, temos que soprar máis forte ou menos según o peso. 
Nun vaso poñemos auga e teñen que soprar facendo maremotos máis ou menos fortes coidando que non caia a auga por fóra.
Poñemos no fondo da caixa unha foto recortada dunha revista... eu atopei esta pero é mellor que sexa algo máis concreto e que lle diga algo a eles: animais, irmáns, pais...
Cubrimos a foto con lentellas.
Teñen que ir soprando para descubrir que é.



IMOS AGORA XOGAR COAS FIGURAS E AS CORES :

No medio dun papel, debuxamos un triángulo, decímoslle que ten que facer outro triángulo pegado a este e ímoslle decindo de que cor ten que ir facendo.  
Cando facemos o triángulo, imos contando os lados, despois cando debuxen eles, só van ter que debuxar dous o un  porque van aproveitar o que xa está debuxado. 
Xogamos co triángulo e coas cores.
A que se parece o debuxo? Cada debuxo será diferente porque cada un comezará e seguirá por un sitio diferente. Enviade os vosos debuxos.

Boa fin de semana!!!!

No hay comentarios: