BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!
Hoxe é MÉRCORES 29 de ABRIL
-
7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata MERCURIO
-
Contamos a modo ata 29, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.
-
Xogamos coas súas letras.É moi importante traballar os sons: conciencia fonolóxica como prerrequisito para a aprendizaxe da lectoescritura.
Buscamos as súas letras:
O adulto vai decindo o son, como empeza Martín? MMMMMM, collemos o M, algúns xa o collen eles sós. A de Mamá, de Mateo, xa os maiores dirán que se chama EME. O máis importante e recoñecer o son e en que palabras tamén está. Primeiro cando vai o principio e despois si a ten e onde. No principio, no medio, no final.
Todos os días traballamos cos nomes d@s encargad@s , por que?
Porque para eles ten sentido coñecer o nome dos seus compañeir@s, é un aprendizaxe significativo, ten emoción, cariño...igual que facer os nomes da familia, da profe, das mascotas... e repetindo este xogo van interiorizando o mecanismo de codificar e decodificar: a lectoescritura con sentido.
Por que usamos maiusculas?
Porque son máis faciles de facer para eles que ainda non controlan ben o que queren facer coa súa man ( estamos aprendendo) e así poden comezar a ESCRIBIR, e tamén son máis fáciles de recoñecer; é fácil atopar letras maiusculas polo mundo: carteis na rúa, caixas de productos do supermercado, anuncios, revistas....
Por que as facemos na caixa con café e pasamos por riba delas cos pés ou poñemos cousas enriba delas seguindo a dirección para facelas?
Porque en Educación Infantil para aprender todo pasa polos seus sentidos.
Porque en Educación Infantil hai que aprender xogando, divertíndonos e pasando ben.
Porque en Educación Infantil hai que aprender paseniño, valorando e disfrutando cada día,cada pequeno avance.
Hai que disfrutar e acompañalos no proceso de aprender e procurar que a súa curiosidade medre cada día.
Para rematar, imos xogar con todo o corpo:
Aramsamsam
No hay comentarios:
Publicar un comentario