jueves, abril 16, 2020

TAREFAS INFANTIL XOVES 16 DE ABRIL

 BO DÍA A TOD@S!!!!!

Hoxe é XOVES 16 de ABRIL

  • 6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata XUPITER
  • Contamos a modo ata 16, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.
  • Como vai a faba?

     Contamos cantos días pasaron.

     

    A de Lara está así de grande
  • Hoxe a encargada é LARA 






  • LARA, é 1 palabra que ten 2 sílabas, 2 palmadas, facémolo: LA (1) RA(2)
  • Co A, LARA ( que fácil) , Co E, LERE, Co I, LIRI, Co O, LORO (jjiji, como Ravachol), Co U, LURU
  • Xogamos co nome de LARA, hoxe buscamos palabras que rematen como LARA, CARA, VARA
    LARA LARA LARITA
    LAVO A CARITA
    COLLO A VARITA 
    - Facede agora co co voso nome , mandademe as vosas poesias con debuxos. 
    Lembrade que o máis importante e xogar co son das letras, ir recoñecéndoas, buscando outras palabras que comecen igual, que rematen igual DIVERTINDONOS !!!!!!

Joseph Beuys: “Todo ser humano é un artista”

Os nenos e nenas máis que ninguén, se os deixamos e valoramos as súas produccións como parte do seu proceso de construcción das súas habilidades como persoas.
Estamos na casa, ten que ser así, pois imos facer Arte coas cousas da casa: Home Art
Igual que o Land Art fai cousas preciosas coas cousas que ofrece a natureza, témolo feito moitas veces no noso marabilloso patio con cousas que nos ofrece o carballo, as pedra, follas....!!!!
Investigade con eles, buscade que é Land Art e imaxes.


Lembrades que cando fomos a exposición de Leopoldo Novoa nos dixeron que pintaba con cinza da lareira da súa casa en Armenteira, e vimos os cuadros.


Hoxe nós imos pintar con cousas da cociña. Pensade que hai na cociña que puidera servir para pintar
Así, aprendemos vocabulario de cousas que hai na cociña.
Eu atopei isto: 
Azucre en po; Cacao;Café soluble; Canela; Cúrcuma e Pimentón

Agora imos pintar con estos ingredientes:
1:- Collemos un papel
2.- Botamos auga con un pulverizador para que o papel quede bastante  húmido.
3.- imos botando o que máis n






Así quedou o meu cando cando secou, por favor, enviademe os vosos.
GRACIAS!!!!!

Mañan, imos precisar tesoiras e papeis diferentes.....





No hay comentarios: