A próxima semana é especial porque é a Semana
Santa.
Xa
vimos nos vídeos de inglés, moitas cousas relacionadas con esa semana e ademáis
investigastes como se celebra en diferentes lugares... Moitas destas tradicións
están relacionadas cos ovos de Pascua (Mmmm... como nos gustan a todos os ovos
de chocolate), e con coellos. Por iso
imos facer unha sinxela manualidade con variantes a escoller:
-Un
rolo de papel hixiénico, converterémolo en coello: Poñemos unhas orellas, uns
pés, e debuxamos ollos e bigotes. E na parte de arriba, podemos colocar os
nosos ovos de chocolate.
-
Co envase dos ovos, cortamos un dos compartimentos, pintamos a cara, e
recortamos do mesmo cartón, dúas orellas para facer o noso coelliño.
Agardo
as vosas obras de arte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario