Ola a tod@s!!
Como temos moitas gañas de vernos xuntos, imos
facer algo no que poidamos dicir: “aquí está a miña amiga, aquí estou eu, ao
seu carón”.
Así, pensando niso, e xa que o xoves é o DÍA DO
LIBRO, imos facer o nosa propia versión do libro: “O COELLIÑO BRANCO” que
xa o levamos o venres para a casa. Imos
facer todo: os debuxos, o texto e por suposto a nosa firma co retrato de como
nos vemos a nós mesmos. E como todos os libros rematan ca palabra "Fin", tamén tod@s escribirémola.
Despois mesturaremos todo e sairá un libro
chulísimo que nos pertence, é noso
,froito do noso esforzo , no que todos e todas deixamos a nosa pegada e que formará parte da nosa biblioteca.
Teredes que ver no wasap das profes , a
tarefa que ten que facer cada un, e entregaredes antes do mércores, a poder ser.
Xa estou deseando comezar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario