viernes, abril 17, 2020

TAREFAS INFANTIL VENRES 17 DE ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é VENRES 17 de ABRIL

  • 6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata VENUS
  • Contamos a modo ata 17, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.

  • Como vai a faba?

    HOXE O ENCARGADO É OTTO 

    Xogamos cos nomes:

  • OTTO, reparades o nome de OTTO só ten 2 sons O e T
  • Lémolo igual de esquerda a dereita que de esquerda a dereita
  • Contamos cantas letras ten
  • Imos contar cantas letras temos no noso nome :
    RAQUEL TEN 6
    Cantas tedes no voso?
O Luns, a encargada é LUCÍA


- Hoxe imos xogar coas figuras xeométricas, imos buscar cousas con forma de círculo, cadrado, triángulo e rectángulo. Podedes debuxalas ou facerlles unha foto e mandalas.
- Collede diferentes papeis e ides recortar círculos, cadrados, triángulos. Non hai que debuxalos previamente, que recorten, como saian. Usamos esas pezas para facer debuxos con elas.


Para rematar o día, decirvos que a semana que ven celebramos O DÍA DO LIBRO.Imos facer algo especial para celebralo. Temos que recordar o conto do Coelliño branco para poder facelo

Conto do coelliño branco


Canción do coelliño branco

Agora tócanos falar do conto:
- Que foi buscar o coelliño á horta? Que máis podería traer da horta?
- En lugar da horta onde podería ir buscar coles? Cal é a diferencia?
Na horta cultiva a súa comida e no supermercado compra e paga por comida que outros cultivaron?
-Que animais atopou? Por que non lle axudaban?
- Porque lle axudou a formiga?
- Escollede outro animal para que atope ao coelliño?
Un gato, xenial! Como lle dira o coelliño cando o atope?
Cada un escollede un animal diferente aos que aparecen no conto.
É un conto moi chulo e xa veredes o que imos facer entre todos os chicos e chicas do cole para o DÍA DO LIBRO, será moi especial.

BOA FIN DE SEMANA!!!!

No hay comentarios: