viernes, abril 17, 2020

EN FAMILIA

BOS DÍAS FAMILIA!!!!

Hoxe imos propoñer para facer un bote no que imos ir escribindo nun papel
 O MELLOR DE CADA DÍA
Ao final do día falamos, En Familia, de como foi ese día. Podemos escoller entre todos que foi o mellor do día e que os que xa escriben se encarguen desta tarefa ou ben que cada un poña o que foi mellor para él/ela. Non vos esquezades da data. Ao rematar todo isto, un día abrirémolo e poderemos ver as cousas boas que nos dou este tempo. 

Imos ver agora o que nos mandades cada día:
     
Para comezar  Xulián enviounos as súas obras de arte do taller de plástica:









     Ademais  temos outras obras moi ricas que podemos facer na casa como nos indicou Julia: Trátase dunha tarta adornada con un arco da vella e a decoración feita con follas de chocolate: as follas dun limoeiro pintounas con chocolate; púxoas na neveira para que arrefríen , despois quitoulle as follas e o chocolate quedou convertido en folla comestible de rico chocolate!! Chocolate branco e negro ... Ummmm , como nos imos  a poñer!!





Manu, tamén nos envía a súa paisaxe con tapóns :
 Si o pintor pontevedrés Leopoldo  Novoa pintaba con cinzas da súa lareira, nós pintamos con cousas da nosa cociña: pimentón, café soluble, cúrcuma... Manu, Aarón, Lucía e Martín son uns grandes artístas. Pasarono moi ben!!!


 Hugo está moi concentrado para facer un traballo moi especial!!!!



Traballando cos números e agora nesta cuarentena, coas cousas de comer si xogamos, divertímonos e aprendemos.


No hay comentarios: