jueves, abril 16, 2020

TALLER DE PLÁSTICA



Hoxe é xoves e toca taller de plástica!!

                Como vimos nos vídeos de onte de inglés, é PRIMAVERA !!, así que imos festexalos facendo unha actividade moi chula.
                Lembrades os bonecos tan bonitos que fixestes con tapóns? Eu propoño que fagades unha paisaxe: podedes facer o sol cunha tapa máis grande, con varios tapóns facer as follas dunha árbore e se temos poucos tapóns podemos facer flores.
   E para os raios do sol ou os talos das flores, podemos empregar macarróns,  e para os troncos das árbores spaguettis ou cañas para beber. Tamén no centro das flores podemos empregar lentellas ou pipas, igual que fixemos no cadro dos xirasoles de Van Gogh.
   Déixovos algunhas ideas para facer composicións diferentes pero estou segura que as vosas serán verdadeiras obras de arte!!







No hay comentarios: