Esta
fin de semana temos unha cousa moi , pero que moi importante para facer porque
o domingo celebramos “O DíA DA NAI”, así que imos aproveitar para facerlle un agasallo moi
chulo e moi sinxelo.
A ver se podemos mantelo en segredo para que a vosa nai no no saiba e
así levarase unha fermosa sorpresa.
Trátase dun neno ou nena que están abrazando a súa mamá. Mándovos os
modelos de neno/nena para que vexades como son , pero a min o que me gustaría é
que vos fagades o voso propio deseño que daralle mil voltas ao do vídeo.
Ademais podedes pintalos cas cores que máis os gusten .
No vídeo explica como debemos facer pero xa vedes que é moi sinxelo. Non
precisades que sexa goma Eva.:
Eu fíxeno simplemente así e aquí está
o meu vídeo:
https://drive.google.com/file/d/1YuwdI6MRHfKtpId1MGUEGApRgVkArYPz/view
https://drive.google.com/file/d/1YuwdI6MRHfKtpId1MGUEGApRgVkArYPz/view
-dúas
follas de papel pegadas para que tivera máis consistencia e despois debuxei os
modelos.
-Na
parte de diante do modelo nena/neno, puxen un pouquiño de plástico envolto e
pegueillo con celo por diante e por detrás.
-Despois
fixen un pequeno corte na man da mamá para poder así engancharse ao brazo do
neno.
Podemos decoralo con recortes de revistas, la para
o pelo... segundo o que teñamos na casa.
Shhhhhh,,, gardade o segredo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario