miércoles, abril 22, 2020

TAREFAS INFANTIL MÉRCORES 22 DE ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é MÉRCORES 22 de ABRIL

  • 6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata MERCURIO 


  • Contamos a modo ata 22, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.


    HOXE A ENCARGADA É MARTINA

    MARTINA o MÉRCORES
    viaxa ata MERCURIO
    e volta.



  • Xogamos coas súas letras
  • MARTINA ten MARTIN; MAR; TINA
    MARTÍN E MARTINA
    QUEREN METER O MAR
    NUNHA TINA
  • Como dí se non decimos o 1º son (mmm)? E se non decimos o último?
  • Cantas letras ten
  • Cantas palmadas( sílabas) ten
  • Imos buscar palabras longas ( 3 ou máis palmadas; sílabas)
  • Que os nenos e nenas escriban todo esto,cada un ao seu xeito.Divertíndose
     Axudadelles cando volo pidan.
    Escribide vos para que vexan como o facedes pero non lles digades que o seu está mal, é un proceso e eles mesmos vánse dando conta. Aos maiores, se lle podemos suxerir que se fixen, que lean o que puxeron , que comparen co que escribistes vos
    Disfrutade xogando cos seus nomes e os dos compañeiros, os nomes da familia...
  • Para eles é o seu mundo e ten moito sentido. Dende ahí pasaran a ler e escribir todo,todo...
  • Respectade e disfrutade o seu proceso, non teñades presa.

Mañan Xoves a encargada é   ANA  LEONOR 









- Hoxe propoño que xoguemos a un xogo de lóxica moi divertido PAI, FILLO, NAI
Construimos o tabloreiro nun cartón e usamos como fichas, tapóns, chapas, botóns...
ensinadelles a xogar, contadelles as estratexias que seguides para poñer as fichas seguidas e para evitar que o outro as poida poñer. Xogamos as primeiras partidas deixandolles un pouco que ganen para que se aficionen, pouco a pouco lles vamos avisando para que rectifiquen e chega un momento no que  NON HAI QUE DEIXALOS GANAR para que poidan aprender a xogar pero o máis importante para que aprendan a perder.

Mentres traballades podedes escoitar a Sínfonia dos xoguetes. Tocan con algúns instrumentos de xoguete. Recoñecedelos?


Mirade este musicograma, como escriben a música.
Musicogramas A Sinfonía dos xoguetes


Non vos esquezades do coelliño

Ata mañá!!!!Apertas!!!!


No hay comentarios: