martes, abril 21, 2020

TAREFAS PRIMARIA MÉRCORES 22.04.20



Bos días miñas donas e meus cabaleiros!

          Nunca sabemos o que pode haber detrás dunha porta pechada… ao mellor unha cabra okupa, como a do Coelliño Branco!.... Pero tamén esa porta, pode ter algo tan bonito como isto:




                Hoxe o encargado é…cha chán…XAVI e mirade que os números da data están moi protexidos… con máscara nada menos!! Nesta loita ata os números teñen que coidar a súa saúde diante do Corona Virus que tamén quere atraverse con eles. Védelo?  Ahhh,… e  lembrouse da toalla! 
      Por certo, díxome un paxariño (o de sembre, xa sabedes) que a Xavi lle caera un dente... e polo que vexo é verdade!
                Mañá a encargada será Julia, a ver se a súa toalla non se ensucia moito, porque o xoves toca taller de plástica!


     Imos aló, meus valentes!

LINGUA (1º E 2º)


    Imos facer una repaso do uso do “c” e do “z”. Por se non lembrades, mirade o esquema de debaixo onde recordamos que caso se empregan.


    E como xa sei que vos encanta o Monosílabo, este é un enlace onde o noso amigo nos explica o seu uso:
                https://www.youtube.com/watch?v=c9kSs9-a17Q

Aquí deixovos xogos para practicar: 


E tamén podedes facer estes exercicios, vós elixides:





E neste exercicio,  non é preciso escribir a palabra enteira, só escribir se leva c, z, ou as dúas:




MATEMÁTICAS 1º

  Continuaremos las actividades de ayer, de decenas, sumas y series hasta el número 99:





MATEMÁTICAS 2º

Continuaremos trabajando la tabla del 2, para que cada vez nos resulte más fácil:
                              





CIENCIAS SOCIAIS 1º

Lembrádesvos dos estados da agua? Pois a ver como respondedes ás preguntas.
   Unha cousa! Non tendes por que imprimir estas actividades, podedes facelas na libreta , escribindo o número do exercicio e a resposta:





CIENCIAS SOCIAIS 2º

Lembrádesvos das propiedades da auga? Pois, veña , a demostrar o que sabemos!

  Unha cousa! Non tendes por que imprimir estas actividades, podedes facelas na libreta , escribindo o número do exercicio e a resposta:

























No hay comentarios: