viernes, abril 03, 2020

TAREFAS INFANTIL VENRES 3 DE ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é VENRES 3 de ABRIL

  • 5,4,3,2,1, Viaxamos ata a VENUS
  • Contamos 1,2,3, e collemos tres cousas.
  • Como vai a faba?

     Hoxe o encargado é  AARÓN




  • Xogamos coas letras de AARÓN
    Lembrade que o máis importante e xogar co son das letras, ir recoñecendoas, buscando outras palabras que comecen igual...

    Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA  O MARTES 14 DE ABRIL
    O ENCARGADO SERÁ: LUIS ÁNGEL

Hoxe, Festa dos Aniversarios do 2º Trimestre!!!!!
Propoñemos facer tortitas para merendar 
Celebrámolo "En Familia" no noso blog. Parabéns!!!!!!!

RECEITA TORTITAS:

  • 1 cunca de FARIÑA
  • ¾ da cunca de LEITE
  • 1 pouquiño de SAL
  • 4 culleriñas de AZUCRE
  • 2 culleriñas de LÉVEDO (tipo Royal)
  • 1 pouquiño de ACEITE
  • 1 OVO
Mezclamos todo para facer unha pasta cremosa, deixámolo repousar media hora.
Na tixola de facer as filloas:
Mollamos un papel de cociña nun chisco de aceite e poñémolo na tixola
Cando estea quente, botamos un pouco da mezcla e obtemos unha tortita redonda, dámoslle a volta, que queden douradas e ben apetitosas.

Traballamos coa receita:
      • Lemos a receita en alto. Comprobamos que saben que é cada cousa. Facémoslles ver que hai números e letras.
      • Explicamos que as receitas se escriben así, os ingredientes un debaixo de outro coas cantidades en número.
      • Facerlles ver como calculamos nesta receita as cantidades: cunca, culleriñas....lembramos que para o pan pesamos na báscula, por que será ?
  • Contamos os ingredientes, Memorizamos os ingredientes.
  • Se poñemos todos os ingredientes na mesa antes de comezar, podemos xogar a agachar un deles é o teñen que adiviñar. Cambiar de lugar algún e teñen que saber cal cambiou...
  • Escribimos a receita, cada un según o seu momento evolutivo ( valorade os seus “borranchos”, para eles é un traballo serio
  • Despois de cociñar a receita, doblamos un papel en catro e que debuxen en cada cadro os pasos que seguimos: 1) Debuxar todos os ingredientes; 2)Mezclar todo;3) Poñer na tixola; 4) Tortitas douradas e redondas.
  • Buscamos pola casa cousas con forma de tortita...

No hay comentarios: