Sabemos que nestes días, hai xente que ten que traballar fóra porque o seu traballo é fundamental para que moitos poidamos quedar na casa, e sen eles, sería imposible que nos nosos fogares teñamos todo o que fai falta: alimentos, produtos de hixiene, cartos para poder mercar, médicos que nos curen.... E ademais tamén están os carteiros , que se encargan de levar documentos importantes para que todo funcione.
Así, hai un neno que quixo agradecerlle o seu traballo a un amigo meu, que é carteiro, e deixoulle no buzón un agasallo. E sabedes que me dixo o meu amigo :
"Tedes moita sorte de traballar cos nenos!"
Eu sentinme moi fachendosa de tervos na miña vida!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario