miércoles, abril 15, 2020

TAREFAS INFANTIL MÉRCORES 15 DE ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é MÉRCORES 15 de ABRIL                    Está un pouco nubrado pero vexo que o sol quere saír

  • 6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata MERCURIO
  • Contamos a modo ata 15, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.
  • Como vai a faba?
    Ao mellor xa a tendes que trasplantar, se está moi grande e precisa terra


    Hoxe O ENCARGADO É LUIS ÁNGEL

MAÑÁ A ENCARGADA É LARA

  • Luis Ángel, ten dous nomes, son dúas palabras.
  • Xogamos coas letras.
    Lembrade que o máis importante e xogar co son das letras, ir recoñecéndoas, buscando outras palabras que comecen igual...

Escoitade, imos xogar coas vogais:




  • Escribimos as vogais en Maiusculas grandes.
  • Tamén as temos pequenas .
  • As facemos con fios, palliñas, fabas, tapóns.....
  • Colocámolas como se foran as teclas dun piano e as tocamos cantandocada letra, as grandes tocámolas coa man enteira,as pequenas cos dedos.
  • O adulto vai cantando as vogais e @ nen@ ten que tocar a vogal que canta.
  • Desordenamos e teñen que volver ordenar. 
  • Desaparece unha e teñen que saber cal desapareceu.
    A Luis Ángel só lle falta unha vogal entre os dous nomes. Cal é? 
  • Decimos unha palabra que comece cunha vogal e eles teñen que tocala (Aparello, Espirro, Irman, Ostra, Universo......etc,etc)







Xogos de nen@s: escoitade.

Mentres escoitan este fragmento de música, un lapis vai bailar debuxando nunha folla sen levantar o lapis mentres non remate.
Contemplamos a nosa obra e coloreamos
1 espazo de cor amarelo
2 espazos de cor vermello
3 espazos de corazul
se queredes podedes seguir....pero sempre con distintas cores e continuando cos números.
Sen repetir.
Enviademe por favor os vosos debuxos 







ATA MAÑÁ!!!!!!




No hay comentarios: