Hoxe, no taller de plástica temos que
conmemorar o Día do Libro.
Será facendo uns
pequenos bonecos de cartolina , ou ben usando un folio que despois pintamos:
-
Recortamos un rectángulo para o corpo, e na parte
de enriba, pintamos ou recortamos o pelo.
-
Recortamos unhas tiras longas para as pernas, e
imos dobrándoas para que esas pernas teñan mobilidade.
-
Recortamos dúas tiras pequenas para os brazos e
debuxamos os dedos.
-
Recortamos rectángulos de papel, por exemplo de
periódico ou revistas vellas que teñamos na casa e pegámolos para que sexan as
páxinas do libro.
-
Pegamos os libros aos brazos e……
Os nosos bonecos están lendo os
maravillosos libros de aventuras que nos queiramos!!
Estou deseando ver as vosas obras de arte, seguro que moitísimo máis
chulas que estas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario