Bo día!!!!
Hoxe temos grupos, Estamos en
Xogo e Movemento!!!!!
- Comezamos cun exercicio de
relaxación, respirando
Todos sabedes como:
Inspiramos polo nariz e medramos, Expiramos pola boca e encollemos.
Tres veces moi ben, que relax!
-
Aprendemos unha sorte para saber quen comeza.
Pavís, pavós,
a filla do rei
casada con vós,
merda “pra” vós,
escollede vós.
a filla do rei
casada con vós,
merda “pra” vós,
escollede vós.
Hoxe imos:
Aumentar capacidade
respiratoria, importante tamén para a linguaxe
Fortalecer musculatura de
ombreiro e brazo
Fortalecer musculatura
torácica
Fortalecer o pé
Actividade:
Facemos coa man, 5 ou 6
boliñas de algodón ou papel, ben redondiñas, tamaño pelota de
ping pon máis ou menos
- Tendidos boca abaixo, sopran
sobre a boliña para que avance. Arrástranse detrás dela, apoiados
nas mans. Sopran ata dez veces avanzando.
- De xeonllos coas mans
apoiadas no chan, sopran e van avanzando coas mans e xeonllos.
- Sentados, dámoslles un vaso
ou un cesto e teñen que coller as boliñas cas dedas e metelas no
vaso. Cambiar de pé. Encher o vaso varias veces con cada pé.
Xogo
corporal: pajaritos en mi ventana
No hay comentarios:
Publicar un comentario