jueves, abril 02, 2020

TALLER DAS PALABRAS



                Imos facer unha actividade moi chula, proposta pola profe Naiara: todos coñecemos o xogo de “O Rosco de Pasapalabra” así .. que vos parece facer o noso propio rosco? Ocórreseme que podemos facelo de dúas  formas , escolledes a que vos guste máis:

                               -Facer un rosco en papel ou cartón seguindo este modelo da imaxe , e debuxando as letras do abecedario. Para que vos saian ben os círculos, podedes empregar tapas de botes que teñades na cociña.

                               -Empregar as tapóns que teñades na casa, e pegades enriba os nomes das letras. Por exemplo, cos mesmos tapóns que empregáchedes para facer os animais.

                E cando xa estea feito, que haberá que facer? Xogar!!  Vós  tedes moita imaxinación , e podedes xogar na casa ca vosa familia.. por exemplo:

                               “A ver mamá, papá .....polo “A” :  cor do ceo/ polo “B”: muller que leva unha escoba e ten poderes máxicos”....


No hay comentarios: