Hoxe imos ver como xerminan as plantas e imos facer un experimento
XERMINACIÓN DUNHA
PLANTA
BONECOS CON CABEZA
DE HERBA
Facémoslle unha cara, cortamos un pouco por arriba e facemos un oco.
Se non temos comida de paxaros....
Collemos unhas poucas lentellas ( as que poidan coller nese buraquiño) e as poñemos en auga unha mañá enteira.
Despois pola tarde, as colocamos dentro do oco que fixemos na pataca. Temos que botar unhas pingas de auga todos os días ata que as lentellas xerminen e lle medre pelo ao Señor Pataca. Tamén pode ser unha Señora. Ou calquera outra cousa.
Mira a pataca aos ollos e descubriras de que ten forma!!!!
E o pelo vaille ir medrando, as perruquerías están pechadas, ides ter que facer de perruqueiros e perruqueiras.
Esta idea tamén é moi divertida....
No hay comentarios:
Publicar un comentario