Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!!
Seguimos
conmemorando o día do Medio Ambiente e quero que vexades esta imaxe:
E agora respondedes oralmente estas preguntas:
-Que
vemos na imaxe?
-Que
botan as dúas fábricas?
-A
Terra está limpa? Por que?
-Como
está o río?
-Hai
animais e plantas? Como están?
-Hai
lume?
-
Por que pensas que os extraterrestres da nave espacial din iso?
Onte
traballamos sobre os 10 mandamentos sostibles, o consumo da auga.
Hoxe
traballaremos o número 2 “aforrar enerxía”. E igual que onte, teredes
que escribir tres formas de aforrar enerxía. Déixovos este vídeo:
A
nosa encargada de hoxe é....cha...cháaannnnn... Dona
SANDRA, que nos trae a súa data nun deseño moi fresco
e colorido, onde os días da semana van por un camiño ata chegar aos números,
acompañados de corazóns e bolboretas. Segue as últimas tendencias colocando a
toalla con moito arte!
Mañá o encargado é
Alexander.
Imos aló, meus valentes !!
LINGUA 1º
Neste
día dedicarémonos a escribir, completando diálogos e inventando situacións.
LINGUA 2º
Continuando cos extraterrestres e o medio ambiente, faremos una lectura
moi sinxela.
MATEMÁTICAS 1º
Haremos
un repaso de números anteriores, posteriores y sumas.
MATEMÁTICAS 2º
Repasaremos
problemas.
VALORES SOCIAIS 1º E 2º
Hoxe quero
que vexades este vídeo. É sobre o
esforzo do traballo. Non hai que escribir nada, nada máis quero que fagades un
resumo e unha conclusión do que vos pensades despois de velo, pensando moito, iso é o máis importante:
No hay comentarios:
Publicar un comentario