A partires do Luns 8 de Xuño e ata o 19 de Xuño publicaremos só este apartado DIARIO EN FAMILIA onde iremos publicando propostas comúns para Infantil e Primaria arredor dun tema.
A proposta para Primaria e ir escribindo un diario de 5 ou 6 liñas e despois compartilo enviandolle a foto á profe Maica.
A proposta para Infantil é que fagamos un video diario, que enviaredes á profe Raquel para que o envie o grupo.
As profes tamén o imos facer.
Un diario é un libro que imos creando nós,
escribindo as cousas que nos acontecen, o que nos divertiu moito, o que nos
entristeceu, a alegría de ver a un
amigo, unha discusión que tivemos coa nosa nai... é dicir, esa libreta , ese
diario é o noso amigo máis íntimo porque a el podemos contarlle cousas que a
outros pode darnos un pouco de vergonza ou un pouco de medo. Imos ver este
vídeo para que o entendades mellor :
Lembrades que hai un neno de 8 anos, Bosco que escribiu o seu diario
cando empezou o confinamento? isto é o que escribiu o primeiro día:
Aquí tendes
unha foto dunha páxina dun diario que fixo un neno de 7 anos. Lembrade que un
diario ten que ter estes elementos, segundo esta foto:
-A
data do día que escribimos
-O
saúdo ao noso diario
-As
cousas que queiramos contar
-Un
debuxo se nos apetece
A
tarefa para a semana seguinte, será escribir cada día algo que nos pasara , un
sentimento, unha sorpresa, algo que nos gustara.... o que nos pete! As profes tamén o imos facer, así que agora
que comeza a fin de semana, temos que lembrar ben o que fixemos para escribilo,
e compartilo cada día da semana cos
nosas compañeiras e compañeiros.
Será
moi divertido compartir os nosos mellores momentos!!
GALERÍA DE IMAXES
Xa falta moi pouco para rematar o abecedario da Horta 😉😉😉 Ánimo !!!!!
Yonatan e Lara desfrutaron moito facendo o tangram e seguiran gozando inventando e copiando figuras.Hai moitisimas posibilidades.
Lembrade que é con todas as pezas.
Yonatan tomou pizza e dounos moita envexa.
Tamén queremos pizza!!!
https://afundacion.org/es/afundacion-en-casa/recurso/cocina-en-familia-con-mayte-fernndez.-pizza-casera
Bo fin de semana !!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario