O
próximo venres, será o día Mundial do Medio Ambiente, así que dedicaremos toda
a semana a falar un pouquiño deste asunto tan importante do que todos, pequenos
e maiores, temos responsabilidade e hai moitas cousas que podemos facer na nosa
vida cotiá para mellorar a calidade do noso medio ambiente.
Xa
fixemos un decálogo dos “Dez mandamentos sostibles”, lembrades? Témolo na
biblioteca, polo que cada día intentaremos poñer na práctica cada un deses retos.
Hoxe
comezaremos vendo este vídeo que nos informa mellor sobre o que significa “Medio
ambiente”.
Un dos
problemas principais é a emisión de gases contaminantes ao aire. E para iso imos
ver este segundo vídeo onde nos amosan como as fábricas, os coches, lanzan ao
aire os gases, aínda que moitas veces non podamos velos.
E para
demostrar que o aire está enriba de nós aínda que sexa invisible, imos
comprobar neste experimento , que o aire existe é polo tanto, se está contaminado,
nós estamos respirándoo.
Xa sabedes
que o experimento funciona porque xa o fixemos no taller, así que hoxe seredes
vós quen o explique ás vosas familias. Van flipar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario