Xa sabedes que estas semana que quedan de cole imos traballar un pouco diferente.
Esta semana traballaremos con este conto:
Pinchade neste enlace e o podedes ver:
https://vimeo.com/411566658
Xa sabedes que as cousas van mellorando pero durante un tempo, todas as saídas son especiais e hai que seguir as reglas.
Para protexérmonos nós e algo moi importante, para protexer aos demais ( avós, amigos e amigas e a toda a xente en xeral)
PRIMEIRA PROPOSTA:
Sabedes quen son estes personaxes aos que chama o lobo.
Como se chaman?
Como se chama o conto no que aparecen?
SEGUNDA PROPOSTA:
Sabedes algún conto máis no que apareza o lobo?
Como será a conversación entre eles?
Por exemplo, "Pedro e o lobo", que lle dirá Pedro cando o chame o lobo?
Mandade as vosas ideas.
TERCEIRA PROPOSTA:
Facede un debuxo da proposta que máis vos gustou.
Xa sabedes que a partir de hoxe publicamos DIARIO EN FAMILIA
A profe Maica,para Primaria, vai a publicar todos os días o seu Diario. Os chicos e chicas de Primaria cada día enviarán a profe Maica o seu Diario e o día seguinte o publicamos nesta sección.
A profe Raquel, vai enviar todos os días ao grupo de Infantil o seu Audio Diario e os chicos e chicas de Infantil van a enviar o seu Audio ou Video Diario ao grupo.
Comezamos pois publicando o Diario de MAICA:
PROPOSTA PARA TODA A FAMILIA:
LIBROS DA INFANCIA
Pais, Nais, Avós e Avoas, Nenos e Nenas, Irmáns e Irmás
Facede unha foto aos vosos libros de infancia que conservedes e enviade unha foto.
Comezamos coas profes:
A profe MAICA:
A profe NAIARA:
A profe ISABEL
A profe RAQUEL
Participade na proposta, pode ser moi divertido e pode traernos moitos recordos ....aos nenos e nenas gústalle moito saber cousas de cando eramos pequenos/as.
GALERÍA DE IMAXES:
Lara ten moito interese no coidado Do Medio Ambiente. Seguro que o fai xenial
Ata maña!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario