lunes, junio 15, 2020

FESTA



Bos días, chicos e chicas!!
    Continuamos cos nosos Diario e Audio-Video- Diario.

      Estamos chegando ao remate do curso e temos que facer unha gran festa para celebralo, non vos parece? Será a nosa primeira FESTA VIRTUAL, pero non por iso vai ser fea ou triste.
     Nesta imaxe vemos cales son os ingredientes para organizala que iremos facendo durante a semana:
(Ide enviando as cousas que facedes)





  Aquí poñemos as propostas para que elixades e fagades as que máis vos gusten .Xa veredes que chulada de festa nos queda !!

INVITACIÓNS

                                         

                                   


                                     

LUGAR

FACER BANDEIROLAS, GRILANDAS PARA ADORNAR  O LUGAR DA FESTA


               
          
    Neste vídeo podedes escoller as que máis vos gusten:
           
                   


DISFRACES


DISFRAZARSE  OU POÑER SOMBREIROS E ENVIAR A FOTO

PODEMOS COLLER SOMBREIROS QUE HAXA POLA CASA E FACER UNHA FOTO CON ELES.

PODÉMONOS DISFRAZAR CON DIFRACES QUE TEMOS POLA CASA PERO TAMÉN NOS PODEMOS DISFRAZAR CON ROUPA DE PAPÁ OU MAMÁ







E podemos crear o nosos complementos para o disfrace como facer antifaces;


           
                            

Ou facer sombreiros. Mirade este vídeo para facer os patróns:



                              


DECORACIÓN
    Lembrades o photo call pirata que fixemos polo entroido? Pois poderíamos facer un, usando unha caixa de cartón grande cun burato para poñer a nosa foto , decorámola e enviades a foto!




Tamén podemos facer manteis divertidos, por exemplo cunha saba ou unha toalla vellas que teñamos pola casa, e pegarlles  ollos ou uns dentes, ou una lingua para facer un mantel MONSTRUOSO!!


Podemos facer tamén unha bonita decoración con flores:


 NA VOSA PRÓXIMA SAÍDA AO MONTE, PARQUE OU PRAIA
RECOLLEDE FLORES, FOLLAS, PAUS, PEDRIÑAS, CUNCHAS...

- FACEDE UN FLOREIRO PARA ADORNAR A MESA 
-POÑEDE A VOSA INICIAL 
- ESCIBIDE PALABRAS  AGARIMOSAS CON ELAS: BENVIDOS, PARABÉNS


MUSICA

 ELEXIR UNHA CANCIÓN QUE VOS GUSTARÍA QUE SOASE NA FESTA.
ENVIADE O ENLACE Á PROFE  ( OU O NOME DA CANCIÓN )  PARA  QUE O DJ A POIDA PINCHAR ESE DÍA 


 


TAMÉN PODEMOS FACER INSTRUMENTOS PARA ANIMAR A FESTA:

 Esta frauta é moi sinxela, seguide as instruccións do video.
As maracas xa as fixemos másis veces na escola pero nunca lles puxemos pau.
Lembrade que lles podemos poñer dentro area, lentellas, garabanzos, arroz, pedriñas...
Soa diferente con cada material e tamén según a cantidade que poñades. O pau, pode ser un lapis. pedide a un adulto que faga o burato.
 


TORTA E COUSAS RICAS

 ENVIADE A VOSA RECEITA FAVORITA PARA A FESTA 
TAMÉN PODEDES COMPARTIR A VOSA RECEITA FAVORITA DE ALGO QUE COCIÑEN A AVOA OU O AVÓ
MELLOR SE É ALGO QUE POIDADES COCIÑAR CON POUCA AXUDA 


PIÑATA






BIBLIOTECA


 Como non íamos ter un conto da nosa Biblioteca  para estes días 



"La fiesta sorpresa del camaleón"

A que xogo que fixemos vos recorda este conto?

                                                 

PARTY 

abracadabra !
hocus-pocus ! 



Look at these magic tricks.



Por suposto imos celebrar os aniversarios do trimestre.
Cada neno/a vai recibir que ten que facer 
esta festa será moi diferente pero moi divertida.....

GALERÍA DE IMAXES

Hoxe temos que dar a benvida a unha nena moi especial. A ver se adiviñades quen é... Douvos unha pista: Chámase Vega...
É a irmá de Sofía !!..... Noraboa! Parabéns!  A ver se ten sorte e é tan guapa como Sofía !


 

Por outra banda, Evelyn enviounos  as súas propias fresas cultivadas na súa horta. Que ricas deben estar!... Ahh, esa man é de Yerard, que tamén quixo saír na foto!


UNHA SAÍDA ESPECIAL:   OS ESCENARIOS DO VENRES
Alexander,


Xulián, 


O NOSO DIARIO

Xulián,

Alexander,
 Evelyn,

Maica,

Xavi, contanos no seu diario, que fixo unha tarefa solidaria moi chula: repartir mascarillas aos nenos. Moi ben!!








No hay comentarios: