Levamos toda a semana traballando no coidado
do Medio Ambiente, é hoxe é o día Mundia
do Medio Ambiente, 5 de Xuño !!
Veredes
como sairá moito nas noticias xa que é unha data moi importante pola
importancia que ten coidar o lugar onde vivimos. Lembrades o noso compromiso
verde?
Hai
moitas cousas que podemos facer nós,
como evitar os plásticos nas merendas ou separar ben o lixo. Así que
imos recordar, cales son os contedores onde debemos botar cada cousa:
E agora imos practicar con estas actividades
impresas e este xogo interactivo: http://www.sogama.gal/gl/info/xogo-de-asociar, colocando o lixo no contedor correspondente, e dicindo cales son actitudes correctas o cales non.
Lembremos facelo sempre. O coidado do medio é
responsabilidade de TODOS !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario