O lobo e os seus amigos, agora, xa coñecen moi ben as medidas de precaución que teñen que tomar para evitar a pandemia. Así que Ricitos, que é unha nena moi lista propuxo a Carapuchiña Vermella que podían facer unha obra de teatro de sombras. Carapuchiña falou co gato, co coello, ca ardilla e cos porcos e todos dicidiron que o protagonista fose o lobo.
Puxéronse mans á obra, e empregando unha caixa de cartón que tiñan pola casa , fixéronlle un burato como se fose un televisor. Despois colleron una saba branca e tapárono. Por detrás enfocaron cunha lanterna, e todos os personaxes fixeron a representación.
Fixeron o primer ensaio . Están un pouco nerviosos ! Mirade o vídeo do ensaio:
https://drive.google.com/file/d/10ZD7QbbUUE0Ow-cqj6eUa4QwiZKDH1E4/view
PROPOSTA DO CONTO
Como xa dixen, a proposta é representar o conto nun teatro de sombras e cada un pode facer o seu propio guión e elixir os personaxes que lle apeteza.
Para iso , déixovos as fotos de todos os "actores" , para que os fagades en cartolina ou papel pintado, e teredes que pegarlles por detrás un pauciño dun xeado .
Gustaríame moito ver o voso teatro!
Seguimos contando cousas interesantes cada día. Imaxinade que chulo será, ler ou escoitar no Nadal, por exemplo, o que fixemos no verán, recordando a quen vimos, con quen xogamos, aquilo tan divertido que fixemos....Será como volver a desfrutalo!
Aquí están os de hoxe:
Xavi,
Alex
Yonatan
Xulián
Evelyn
Julia
Maica
Ademais, Xulián moi concienciado con esta situación, lanzouse a facer a súa propia mascarilla, reciclando unha camiseta. Bravo !!
GALERÍA DE IMAXES
Xavi fixo a tarefa de plástica que consistía nun futbolín reciclando unha caixa de zapatos. Mirade que chula lle quedou.
E aquí vemos como xogan o CF Vs FC Barcelona no Estadio Municipal de Pasarón!!
Julia recollendo os amorodos da súa propia horta:
Xulián fixo un colgante cunha cuncha moi bonito:
No hay comentarios:
Publicar un comentario