martes, junio 09, 2020

DIARIO EN FAMILIA MARTES 9 DE XUÑO

Bos días chicas e chicos !!!!

Pois veredes o que pasou, como o lobo mandara a carapuchiña polo camiño máis longo, xa sabedes que chegou antes que ela a casa da avoa. 
A avoa estaba na cama porque no se atopaba ben.
O lobo entrou e antes de que puidera decir nada, a avoa mandouno calar. 
- Están dando unha noticia moi importante.
Hai un virus malvado e nos temos que confinar. Estado de Alarma en todo o país!!!!
O lobo chamou a Carapuchiña para decirlles que se confinaba coa avoa.
- Dille a túa nai que quede tranquila, xa coido eu dela..
O lobo coidouna tan ben que logo sanou. 
Repartiron as tarefas da casa e así, logo remataban.
A avoa cociñaba e o lobo pensaba mentres fregaba:
- " Que ben cociña esta muller, pensar que a quería comer, en que estaría pensando eu"
Como tiñan moito tempo pensaron:- "que facer?"
- Máscaras, eso é!!!!
A avoa tiña dous máquinas de coser, unha eléctrica e outra de pé.
Así que, procuraron os filtros pola rede e apañaron pola casa todo canto retallo e cacho de tea había.
As mandaron aos hospitais, repartiron entre os veciños e cando por fin se xuntaron, as estrearon.
Carapuchiña na casa, cada día escribía nunha folla:
Avoa, quérote porque..... me queres
Avoiña, quérote porque...me coidas
e así, cada día.....
Cando chegou o día foi poñendo as follas polo camiño (iso, iso, como fixeron Hansel e Gretel) ata chegar á casa da avoa.
E a avoa foi lendo ata chegar a casa da súa filla que esperaba cunha merendola para os CATRO. 

Proposta: 
Escribide vós porque queredes a avoa e o avó como fixo Carapuchiña e a próxima vez que os vexades llo regalades.

Proposta: 
Quen se anima a cambiar outro conto e contalo doutra maneira, situado neste tempo tan raro que nos tocou vivir.



Rematamos por hoxe con esta invitación  á Fraga do meu avó da man de Mamá Cabra con esta fermosa canción.





AS PROPOSTAS DO CONTO DE ONTE

Vemos os traballos de Julia,


 Xulián,
Alexander,
Yonatan,



  O NOSO DIARIO

 Aquí temos as publicacións dos seus diarios de onte, que nos enviaron Xulián, Xavi, Sandra, Evelyn,  Julia,  Alexander, Naiara e Maica. Xa veredes que interesantes!
Xa sabemos que en Infantil, fan un video ou audio diario e se comparte no grupo. 






E Julia enviou ademais do debuxo, a foto do porco espiño... Que mono é! 


Profe Maica
Profe Naiara 







LIBROS DA INFANCIA

 Encántanos compartir os nosos libros da infancia. Aquí vemos os de Xaxi, a súa nai, o seu pai e o seu irmán:



   A mamá de Evelyn, ademais dos seus libros, deixounos unha historia moi doce e tenra: o libro "RELATOS PARA UN TEMPO NOVO", regaloullo a profe Raquel e o gato da portada sempre lle impresionaba a aquela nena que se chamaba Nati, e que cada vez que ve ese libro, tránsportaa a súa clase de infantil na que Raquel abriu unha caixa, e regaloullo a Nati ,xunto co libro "Tres trebellos máxicos"....Bonita historia, non si?  Vedes como os libros nos achegan maxia de verdade ca que traspasamos anos e fronteiras? Sen dúbida, non hai maior aventura que a da lectura!!



GALERÍA DE IMAXES

        Julia nos leva ao Lago das Castiñeiras, un lugar precioso cunha cor verde marabillosa. Unha aposta segura para ir de excursión!!













No hay comentarios: