viernes, junio 05, 2020

TAREFAS INFANTIL VENRES 5 DE XUÑO

Día Mundial do Medio Ambiente  



BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!!

HOXE É VENRES 5 DE XUÑO
10,9,8,7,6,5,4,3,2,1,0
Viaxamos ata Xupiter , dende a nave espacial ollade ben para a Terra. 


HOXE O ENCARGADO É YONATAN 
Xogamos coas súas letras: Ola NATANOY 


 Hoxe é o último día que temos encargados porque como explicamos no apartado EN FAMILIA as dúas semanas que quedan de curso, imos facer algo diferente. 


- Hoxe vos propoño que vexades o abezoo completo, xa chegamos ao final do abecedario e agora se lembrades estamos facendo o noso abecedario da horta, xa queda moi pouco.

- Seguide xogando co tangram, inventando figuras. Lembrade que ten que ser con todas as pezas. 
Podedes buscar na rede figuras do tangram para facer, hai mogollón. 



 - Como sei que vos gustan moito os números e as sumas, vos propoño novamente que vos animedes a facer a máquina das sumas.





 Ademais de ser unha obra de reutilización de materiais total, é un instrumento manipulativo para comprender o mecanismo da suma.
Só utilizade 10 obxectos.




Bo fin de semana!!!!



 

No hay comentarios: