jueves, marzo 26, 2020

XOGO E MOVEMENTO

  Preparados, hoxe toca grupos!!!!
Estamos en xogo e movemento

- Lembrade que temos que concentrarnos para coordinar a nosa cabeciña cos nosos movementos. Así sae todo mellor!!!


- Comezamos cun exercicio de relaxación, respirando
Todos sabedes como: Inspiramos polo nariz e medramos, Expiramos pola boca e encollemos. Tres veces moi ben, que relax!


- Aprendemos unha sorte para saber quen comeza, pode ser útil para toda a familia nestes días:

PERIQUITO MOÑO
METIDO NUN SACO
SAE PARA FÓRA
CARA DE MACACO

- Imos desfilar pola casa adiante como soldados, levantando moito os xeonllos e movendo os brazos adiante e atrás tamén.
Ida e volta.
- Facemos a croqueta: brazos e pernas estirados. Buscade un sitio onde vos poidades estirar sen tropezar nin tirar nada.
Que tal no corredor? Ida e volta.
- Hoxe imos facer unha pelota con papeles, periódico, revista, bolsa de pan...apretámola ben para que non se desfaga e imos envolvendo ben con cada capa. Cando a teñamos: 
A lanzamos dunha man a outra, separando cada vez máis sen que caiga. 
A lanzamos ao aire e a recollemos sen que caiga.
A lanzamos a papá e él nola devolve e a temos que recoller
Poñemos un cubo e a temos que encestar.

Claro, pódese facer con pelotas pero dentro da casa é un pouco dificil non darlle a algo.






No hay comentarios: