viernes, marzo 27, 2020

TAREFAS INFANTIL VENRES 27 DE MARZO

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é VENRES 27 de MARZO

  • 5,4,3,2,1, Viaxamos ata VENUS
  • Contamos, a modo, ata 27
  • Como vai a faba, agromou? Coido que 3 días é moi pouco... Hoxe van TRES raias.
    Lembrade que precisa luz e un pouquiño de auga, a primeira. As outras do experimento,non.
Así está a faba de Nebrás que a plantou o día que a levou a casa.
- Ide ao calendario é buscade o VENRES 6 que foi cando a levamos, ide contando cantos días pasaron ata hoxe, 27 de MARZO 

  • Hoxe o encargado é HUGO



  • Todos contestamos a Hugo: en MAIUSCULAS: OLA HUGO e facedes coma sempre.
    Hai unha letra que é muda, non se escoita. Ten 4 letras pero só se escoitan 3
    Madadelo ao meu guasap para mandarllo a Hugo 
    Imos tirarlle todo o partido a esta actividade , escribir OLA HUGO

    Para comezar cantamos:
    TAN, TARAN, TAN 
    TARANTAN, TARANTIÑA
    O QUE NON PENSA NON TEN CABECIÑA
     
    TAN, TARAN, TAN 
    TARANTAN, TARANTOLA
    O QUE NON PENSA NON TEN CABEZOLA

    Xa saben que nos imos concentrar: 

     
    1.- Cantas palabras son:  Ola   Hugo     2
    2.-Decimoslles que escriban, animámolos a facelo, da igual o que escriban. unha palabra e debaixo a outra para que visualicen que son 2 palabras.
    Se llo escribimos nós imos escribindo despacio cada letra e decindo o son, non o nome da letra
    OOO LLLLL  AAAA
    Se o escriben eles,cando nós dín e agora cal vai, pois facemos igual, non decimos o nome da letra: despacio imos decindo o son  OOO ( está dín eles...moi ben ) LLLL ( a de Lucía, ou Luis,sí) AAAA ( está, si, a de Amaro, Aarón ...)
    Algúns xa van dicindo o nome da letra O, si; L,si....
    Cada un según o seu ritmo
    3.- Cantas palmadas ten ( son as sílabas) O-LA 2; HU- GO 2 
    4.- Cantas letras ten O- L- A- 3  Contando as letras que escoitamos, despois o comprobamos no papel. H-U-G-O ; escoitanse 3 pero cando as contamos no papel, son 4
    5.- Cal ten máis letras , con este nome vai a haber distintas opinións, según sexa o que se escoita ou o que se escribe. INTERESANTE!!!!
    6.- Hai alguha repetida? Empezade escoitando: O, Moi ben! agora vémolo no papel.
     
  • QUEN É MAÑAN O ENCARGADO?
    NEBRÁS


A horta de Balbina


Pobriña a nosa horta, tan soiña, sen ninguén que a coide.
Quen lembra que temos na nosa horta?
  • Facemos un debuxo da nosa horta

Cando teñades que ir comprar ao super, collede folletos, os imos necesitar para recortar.


No hay comentarios: