BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!
Xa sabemos que todos os días temos
que:
- Xogar, xogar..
- Ler, contar, inventar contos...Limitar moito ver contos na tablet, ordenador, televisión...
- Escoitar música. Todo tipo de boa música.
- Contear, aproveitar calquera ocasión para contar obxectos reais que poidan tocar.
- Debuxar libremente ( mellor que colorear debuxos que lles fagamos), que nos conten se queren o que debuxaron. Valorar o seu traballo, que cores tan bonitas, que ben, canto te esforzaches... Os seus debuxos sempre están ben!
- Que escriban se queren libremente, non lles corrixades se o fan mal ( para eles no seu momento evolutivo está ben. Irán madurando e aprendendo pero está moi ben que o fagan.
- Escribide diante de eles ou para eles se volo piden para que vexan como facemos.
Para hoxe vos propoño:
_ Que inventen un pequeno conto con 3
personaxes que sexan cousas que hai na cociña: neveira, vaso,
pataca....
Facemos primeiro un repaso das cousas
que hai na cociña, cada cociña é un mundo, hahaha
Imos probando con diferentes personaxes
ata que nos guste, probamos diferentes comezos:
Había unha vez, Estaban reunidos....
Se vos apetece podedes gravalo e
mandadeo ao meu guasap persoal, non ao grupo para preservar a
privacidade de cada un.
- Escoitade con eles:
Cuéntame un cuento, Celtas cortos
:https://www.youtube.com/watch?v=rNG_5LKWOIA
Hai un videoclip de celtas cortos de
esta canción con sombras moi chulo pero ten tamén imaxes pouco
infantís. Podedes ensinarlles o comezo. Miradeo primeiro.
Gardade cartóns, caixas, revistas e
todas esas cousas que sabedes son moi útiles para nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario