viernes, marzo 27, 2020

EN FAMILIA


Sempre decimos como unha norma ética importante que temos que interiorizar: 
NON FAGAS O QUE NON QUERES QUE CHE FAGAN 
Hoxe imos falar de algo moi importante na educación dos nenos e nenas:
FAMILIA, NON FAGADES POR ELES O QUE POIDAN FACER POR ELES MESMOS
Este precioso corto para ver en Familia fala da 
 Importancia de fomentar a súa autonomía, facer que se sintan capaces de ir pouco a pouco facendo as cousas por si mesmos, sentirse competentes para ir paso a paso con seguridade porque estades ahí pero son eles os que avanzan baixo a vosa atenta, amorosa e as veces temerosa mirada ( pero que non se dean conta do voso temor, hai dque disimulalo e facer de tripas corazón porque sabemos que é o mellor para eles) Só se caen algunha vez, aprenderán a levantarse, resiliencia.
Disfrutadeo e sobre todo, comentadeo con eles, en Familia...








No hay comentarios: