Bos días,
meus artistas!
Hoxe toca taller de plástica e
propoño dúas cousas moi sinxelas que podedes facer , así cada un escolle a que
prefira:
- Debuxar un gato : Vemos un vídeo onde explica como podemos
debuxar un gato. Obviamente, vós xa sabedes, pero aquí danos trucos paso a paso, moi despaciño, para facelo dun
xeito profesional e perfeccionar o
deseño. Ademais podedes parar o vídeo cando queirades para ir facendo o debuxo:
https://www.youtube.com/watch?v=ahzc9G82K8M
- -Fabricar un gusano: Seguindo ca reciclaxe, e xa que tendes experiencia na fabricación de
gusanos cos tapóns, agora farémolo empregando unha caixa de cartón de ovos:
Cortamos a caixa á metade, pintamos cada oco e para
mellorar o deseño, no oco de diante colocamos ollos, boca e unhas antenas. Aquí
vedes un resultado pero estou completamente segura de que o voso gusano daralle
mil voltas a este:
No hay comentarios:
Publicar un comentario