martes, marzo 24, 2020

TAREFAS PRIMARIA

Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!

                Hoxe, quen é o encargado?  Mecachis!  Tanto tempo sen poñer a data, que ata a pizarra nos vai votar de menos!  Vós que pensades? Encenderáselle a luz verde que tantas veces nos falla? Agora ten tempo para descansar, así que máis lle val que cando volvamos funcione de marabilla!
                Estou inspirada e temos adiviñas:

                               “Cinco irmáns moi unidos que non se poden mirar. Cando reñen aínda que queiras, non os podes separar.”
                               “Redondo coma un roscón e a el obedece todo o camión”.


            Seguro que acertades!!

E agora, ao traballo ¡!



MATEMÁTICAS

Y seguimos contando la pasta!  Vamos a convertirnos en banqueros!
 De hecho, ya tenemos un prestamista en clase pero..! no se lo vamos a contar a nadie!

Otro  enlace más de juegos para seguir practicando: https://teachingmoney.co.uk/eurosite/games/EURO20matchCHALL.html
Y otras dos fichas:


LINGUA  1º

Este é o enlace para acceder:


As tarefas son as que están marcadas con cadrados negros:
  Do “Espantallo amigo” escoitades a lectura. Facedes de forma interactiva (iso é guay!!) as exercicios de Br, bl, pr, e pl que xa vimos na clase..... e a ver como se vos dan as adiviñas!!

Se alguén ten problemas para acceder a ese recurso interactivo, está a opción de facer este exercicio:

LECTURA 2º PRIMARIA
Abrimos o seguinte enlace:

Escollemos a Lectura “ Os canteiros”,e facemos as actividades que están encerradas nos cadros de forma interactiva… Iso é guay! Xa veredes como vos gusta!

Se alguén ten problemas para acceder a este recurso, pode realizar a actividade desta lectura:


VALORES SOCIAIS
A FAMILIA

Agora que estamos tanto tempo na casa, é cando máis que nunca temos que estar felices e orgullosos de ter unha familia que nos quere e a quen nos debemos querer e coidar.
Así que desfrutade moito vendo este vídeo de debuxos e facede un resumo para contarllo  a vosa familia :


E  propoño outro vídeo máis que trata tamén da familia estudando os seus membros, algo que xa fixemos na clase, á arbore xeanealóxica. https://www.youtube.com/watch?v=Qckmvzk8cY8&t=17s
Por iso, despois de ver o vídeo, sería interesante que lles pidades axuda a vosa familia para volver facer esta árbore, onde podedes poner os nomes ou unha foto. E despois coloreala… seguro que vos queda chulísima!






 

No hay comentarios: