BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!
18-03-2020
Eu tamén fixen o meu conto :
Estaban dentro da neveira unha berza e
unha froita que viñera dende moi lonxe, dun país seica moi
quentiño. A froita non paraba de choromicar e tremelicar co frío. A
berza procurou darlle caloriño e que acougara pero non foi quen. A
berza tamén comezou a poñerse nerviosa e a correr dentro da neveira
facendo que as cousas cairan dos andeis. O home que estaba na cociña
a facer de comer escoitou aquel ruido extraño e abriu a neveira para
ver o que pasaba. En canto comezou a abrir a porta sentíu que algo,
non lle dou tempo a saber que, saía correndo a fume de carozo.
Non sabemos se aquela froita, que nin o
nome lle sabemos segue correndo ou chegou xa ao seu lonxano e
quentiño país.
Gústavos????
Para hoxe vos propoño que:
_Fagades un debuxo para ilustrar o meu
conto. Facedes unha foto ao debuxo e o mandades o meu guasap.
- Na páxina de google, arriba á dereita, marquedes “imagenes” e busquedes cousas da cociña e froitas exóticas.
- Despois de ver as froitas decídeme que froita pensades que era a que estaba na neveira, debuxadea se queredes.
- De onde viría esa froita?
MOI
IMPORTANTE : DÍA DO PAI
- Facemos un debuxo de papá con nós en un folio, un cartón..
- Facemos en outro papel, catro corazóns, recortámolos e pegamos un en cada esquina do debuxo facendo un marco ben bonito e aproveitando para o conteo. Un, dous, tres, ( faltame un...), catro. Contando sempre cousas concretas. Contar ata....cen, mil...pode estar ben pero é máis importante ir contando cousiñas concretas que tocamos ou sinalamos coa man.
- Pensamos tres cousas que nos gusta facer con papá e as escribimos por detrás unha debaixo da outra en forma de lista ( Xa sabedes que cada un escribe como sabe en cada momento e todo está ben porque forma parte do seu proceso. Cando dín que non saben, anímámolos decindo que si saben e que cada un faino como sabe)Tamén os que queiran poden facer esta actividade:
1 comentario:
Moi interesante
Publicar un comentario