Bo día !!!!!
Hoxe é MARTES 24 de MARZO
- 5,4,3,2,1, Viaxamos ata Marte
- Contamos, a modo, ata 24
Lembramos esta sorte e a usamos para
ver quen comeza:
PELO, GATO
VINTECATRO
1, 2, 3, 4
“SIM SALABIM
COMPOST PRA O XARDÍN
“
Lembrades cando veu
Rocío ( programa Revitaliza) ao cole cos Bichocos?
Regalounos unha faba
nun sobre cun pouquiño de compost ( terra máxica que os bichocos
axudan a facer)
- Hoxe propoñemos que nun tarro de cristal poñades a faba máxica ( esa se a tedes ou outra) e lle poñades a terra máxica (se a tedes ainda) ou a cubrades cun pouco de algodón. Poñede o tarro nun sitio con luz e botadelle un pouco de auga.
- Cada día imos mollar lixeiramente o algodón
- Nunha folla que imos titular " A FABA MÁXICA" imos poñer unha raia cada día e o día que empece a agromar, imos contar cantos días pasaron( contando as raias) E POÑEMOS O NÚMERO.Por detrás da folla imos ir facendo un debuxo cada día de como vai medrando ou lle vamos tirando fotos cada día.
Escoitade....chegou a primavera!!!
ARA MALIKIAN - LAS CUATRO ESTACIONES (Primavera - Movimiento 3 Allegro)
ATENCIÓN:
E AGORA FACÉMOLO NÓS :
Collede palillos, macarróns: SENTADOS AO LADO DELES- comezade un debuxo, eles teñen que continuar....
- facede un debuxo, sinxelo e o teñen que facer igual
- que fagan eles un debuxo e vos o tedes que copiar.
-que libremente fagan debuxos cos palillos.
Que tal sabe o pan na casa? Bo día!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario