Bos días, miñas donas e
meus cabaleiros!
O noso encargado de hoxe, Xavi xa escribiu a data na “pizarra”. Despois mirade a táboa
dos encargados para que cada un de vós escriba o día anterior a data do día
seguinte. Por exemplo, o encargado do luns será Julia,
así que Julia mandarame hoxe a data do luns, é dicir, sempre se escribe a data
do día seguinte.
QUENDA
DE ENCARGADOS SEGUINTE SEMANA
LUNS 30
|
MARTES 31
|
MÉRCORES 1
|
XOVES 2
|
VENRES 3
|
JULIA
|
ALEX
|
XULIÁN
|
EVELYN
|
SANDRA
|
Bos días Xavi!!
Como temos a fin de
semana para pensar, deixovos dúas
adiviñas, aínda que xa sei que sodes moi listos e ides acertar as dúas:
·
Doce
señoritas nun balcón; todas teñen medias e zapatos non.
·
Onte oviño, hoxe capulliño, mañá
voarei como un paxariño.
MATEMÁTICAS
Estos serán ya los últimos ejercicios de billetes
y monedas. A partir de ahora podéis
practicar con dinero real y como ya tenéis los enlaces de juegos, podéis jugar
cuando os apetezca.
LENGUA CASTELLANA
Los
viernes vamos a hacer ejercicios diferentes y estoy segura de que os van a
encantar…. ¿Qué serán?.. ¡! Pasatiempos!!
Os propongo :
-una sopa de
letras,
- un laberinto
- un “busca las
diferencias”
Espero que os gusten, a
mí me parecen muy chulos. Haced los que os apetezca.
LINGUA GALEGA
Teño unha sorpresa! Teño unha sorpresa!!!
Recordades
a nosa familia de ratos favoritos? Sí, o
rato Roxelio e a rata Luísa ¡ Pois
busquei e atopei os contos para poder velos a través de Internet, en formato de
vídeo e podedes paralos cando queirades. E sabedes o mellor? Hai algún novos que non
temos no colexio! Así que agora témolos todos!!
Hoxe leredes un novo: “A
chuvia” e contestaredes a unhas preguntas:
Preguntas para PRIMEIRO:
-
Que leva
posto o rato máis pequeno?
-
Como chegaron
os ratos á escola?
-
Onde se
mollaron por segunda vez?
-
Onde secaron?
-
Luísa estaba
contenta cando volveron da escola?
Preguntas para SEGUNDO:
-
Como van
vestidos os tres ratos?
-
Que é unha
poza?
-
Que fixeron
os ratos no radiador?
-
Que fixo a
nai cando os ratos volveron da escola?
-
De que forma
estaba a chover?
-
Luísa estaba
contenta ou non? E por que?
Boa fin de semana !
1 comentario:
Moi interesantes esas tarefas. Parabens
Publicar un comentario